Ir al contenido principal

VISITA DE MARÍA REIMÓNDEZ

 Ola amiguiños/as:

Xa estou aquí de novo. Quería contarvos que onte visitounos unha extraordinaria autora: María Reimóndez.


As aulas de 4º A e 4º B disfrutamos da súa visita. Estarédesvos preguntado porque viu esta autora, pois é moi sinxelo, estes rapaees/zas leron "O xeito das froitas".


Un libro que nos gustou moito. A súa protagonista, Iris, é unha rapaza moi especial, e moitas das cousas que lle pasan tamén o son. Animámosvos a que tamén o leades. 

María estivo falándonos sobre Iris, o que lle pasa, e o seu significado, e tamén lle fixeron algunhas preguntas (estes neno/as son moi curiosas/as).  

Despois, firmou os libros cunha dedicatoria diferente para cada un. Foi estupendo!

  

Ata a próxima amiguiños/as!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: