Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

VISITA DE O HEMATOCRÍTICO

Ola amiguiños e amiguiñas:

Onte tivemos outra visita dun autor: O Hematocrítico.

Na nosa biblioteca temos unha chea de libros de el. Este ano a rapazada de 2º leu Rapunzel con piollos. 

Contoulles coma empezou a escribir e toda a súa obra, incluso ata se enteraron de porque escolleu ese nome. Quedaron abraiados. 



Os rapaces/zas gozaron moito con el. Están desexando que volte de novo.

Grazas por todo e ata outra!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022-2023

 Ola amiguiños/as:

Esta semana estivemos moi ocupados celebrando o Día das Letras Galegas, e de seguro que sabedes a quen está adicado este ano, non si?

Por suposto, a Francisco Fernández del Riego, ademais xa coñecemos moito sobre el. Durante toda a semana estivemos aprendendo un montón de información sobre este ilustre escritor, aínda que non so era escritor, senon que tiña un montón de profesións máis...

Empézovos a contar...

O luns 15 viu ao noso centro Paco de Monforte, un escritor e profesor. O alumnado de quinto e sexto participou na charla divulgativa na que puideron desfrutar das súas verbas.

Relatounos a través de anécdotas a biografía de Don Paco Martínez del Riego.




O martes 16 tivemos a sorte de gozar coa música e cantigas do grupo ABRIL no que todo o alumnado

 participou. 





O xoves 18 os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º fixemos un roteiro ollando os carteis das escaleiras no que 
aprendimos unha chea de información sobre Fco. Fdez del Riego. 






Ese mesmo día, unhas rapazas do IES Álvaro Cunqueiro de 1º BACH. quixeron vir e facer unha 
pequena presentación sobre o homenaxeado para 3º e 4º. 
O alumnado sorprendeuse do ben que o fixeron e nós do xenial que se portaron e do atentos que 
estiveron. Ao final, incluso respostaron correctamente ás preguntas que lles plantexaron. Fenomenal 
rapaces/as!
E por fin chegou o día no que todos os rapaces/as da letra A actuaron!
Estaban un pouquiño nerviosos, e iso que fixeron dúas actuacións; unha para as familias, e outra para 

resto dos seus compañeiros/as.
O programa foi o seguinte:


1º Canción : Isto bailase así, do grupo banda Molona.
2º Baile tradicional: Muiñeira dos nenos/as.
3º Xogos populares galegos con cancións.
6º Teatro: Performance sobre Don Paco.
5º Canción: "Verbas Galegas"
4º Himno Galego, interpretación instrumental e vocal. 
Actuación nais/pais.
Despedida.


Foi marabilloso. Todos/as os rapaces/as son uns artistas. Gozamos todos moitísimo!
Grazas a todos e feliz celebración das Letras Galegas!








 


Visita de Ramón Veiga

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Hoxe tivemos a sorte de que viñese ao noso colexio Ramón Veiga. 

A rapazada de 1º leu o libro "Miñoca e pega" e gozou moito con él.


Os rapaces e rapazas o pasaron xenial con Ramón, vese que lle gustan moito visitar ó alumnado. 
Ramón tróuxolles unhas ilustracións para que completasen e despois eles botarían man da súa creatividade...


  


Moitas grazas por todo Ramón! e ata moi pronto!



Visita de María Reimóndez

 Ola amiguiños e amiguiñas

Hoxe quería contarvos que veu María Reimóndez a vistarnos!

Si, a autora da "Formiga destemida" e "O xeito das froitas". Dous libros dos que están a gozar a rapazada de 3º e de 4º. 

Aprendimos moito de María; falamos dos seus libros, cando empezou a escribir, porque decidiu ser escritora,... e que estes rapaces/zas preguntáronlle moitas cousas! 





Ata outra amiguiños e amiguiñas!


OS MAIOS

 Ola amiguiños/as

Hoxe celebramos os maios no noso centro. Como o fixemos? Pois para empezar todos decidimos ir cun pantalón ou saia vaquera e unha prenda branca. 

Coa axuda da ANPA, decoramos os nosos maios e todos/as adornámolos cun montón de flores. Iso gustoulles moito a toda a rapazada. 

A última hora, saimos ao patio a cantar unhas coplas escritas polo alumnado de 5º, formando varias rodas arredor dos maios. Pasámolo xenial!


Para rematar, algúns pais e nais deleitáronnos tocando e cantando para todos/as. 

Foi un día moi florido!

Ata outra amiguiños/as!

VISITA AO TEATRO

 Ola amiguiños e amiguiñas

Quería comentarvos que onte a rapazada de 3º fomos ao Concello de Vigo a ver teatro.

Gustounos moitísimo. Todos gozaron coas representacións, e aprenderon moito. 

Foron tres obras nas que todo o alumnado traballou un montón, notábase ben porque lles sairon fenomenal. 


Os centros que representaron as súas obras foron o CEIP de Belesar. A obra fainos pensar sobre o futuro do noso planeta, o cal hai que salvar, e o fan grazas a unha píldora que axuda a concienciarnos sobre a reciclaxe e o consumismo. Estes rapaces/as, ademais, tamén cantaban!

O CEE HC San Rafael no que se representaba, por medio de luces, a desgracia do Prestige na nosa comunidade, e coma os seres vivos acuáticos, escapan do desastre. Moi orixinal.

Por último o CEIP Carballal Cabral deleitounos cunha obra "medieval" na que o rei so pensa na fabricación de espadas para a loita. Menos mal que o pobo rebélase e terminan co mandato do monarca. Foi moi simpática. 

Ata pronto amiguiños/as!



LinkWithing

Enlace con post antiguos