Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

ADEUS Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No cole este ano quixemos darlle voz a nosa Rosalía de Castro cun poema adaptado e interpretado polo alumnado de 2º A.

 


MES DA CIENCIA EN GALEGO


A biblioteca Moraima programou a divulgación a través do blog da biblioteca, a información a través de vídeos, relativos á actual pandemia, á alimentación saudable e ás plantas medicinais.

Tamén en coordinación co equipo de Dinamización da Lingua Galega, apoiaremos a investigación por tutorías sobre “O castiñeiro e o magosto”, para publicar no blog posteriormente a colaboración de todos.


Como protexer ás nenas e nenos...

Lavado de mans correcto

Almorzo saudable

Lista plantas medicinales


Homenaxe ao investigador Ernesto Viéitez.


SEMANA DA TRADICIÓN ORAL GALEGA

 

A primeira semana do mes de novembro celébrase o enorme legado oral de Galicia. Este ano a biblioteca Moraima, programou unha escolma de refráns sobre temas relacionados co horto, para afondar no proxecto anual do centro PDI “O horto”. Coa selección feita en cada clase farase un mural; esta imaxe do mural, publicarase no blog da biblioteca.

 

ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS 2020-21

 

Este ano  comezamos a entrega de mochilas viaxeiras con todas as garantías sanitarias antiCovid19. Os titores deixarán dous días as mochilas en corentena, así desenvolverase a actividade un ano máis. Todos a ler moito!!









LinkWithing

Enlace con post antiguos