Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

O noso agradecemento a todo o equipo de axudantes de biblioteca polo seu espíritu colaborativo e axuda contínua.



DESPEDIDA E ENTREGA DE AGASALLOS AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das LETRAS GALEGAS, coa semana cultural. Programamos exposicións de lapbooks sobre o proxecto "PERSOAS QUE DEIXAN PEGADA" ,  teatro de sombras, charla sobre o encaixe de Camariñas e festival con teatro e cancións en galego.
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach Ao longo do curso fomos recollendo información e plasmándoa nun lapbook que fixemos individualmente na casa coa participación das nosas familias. As familias e alumnado de todo o celexio visitamos a exposición. Algún alumno de cada clase falounos das persoas que traballaron e explicaron colaborativamente os seu labook. Foi unha actividade moi educativa, entretidas e emocionante, na que aprendemos moitas cousas novas sobre diferentes persoas. SEMANA CULTURALDAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach

LECTURAS C OMPARTIDAS CO CENTRO CEI CRISTO DA VICTORIA

O 27 de maio, celebramos unha nova actividade de "LECTURAS COMPARTIDAS" co CEI Cristo da Victoria, no parque da Bouza. LECTURAS COMPARTIDAS CO CENTRO CEIP CRISTO DA VICTORIA on PhotoPeach

CONFERENCIA SOBRE ANTONIO FRAGUAS

O 29 de maio tivemos un encontro ca figura de Antón Fraguas, a cargo do escritor Héctor Cajaraville no colexio. Unha conferencia chea de información sobre o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS.
CONFERENCIA SOBRE ANTONIO FRAGUAS on PhotoPeach

ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS

O mércores 22 de maio, tivemos unha xornada de lecer, combinando o fomento da lectura e o exercicio práctico. Fomos camiñando dende o colexio ata a praia de Bouzas, alí comenzamos a ler no atrio da igresia de San Miguel de Bouzas. Logo merendamos e xogamos na praia, tomamos xeado e camiñamos de volta ao colexio.
ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS on PhotoPeach

LECTURAS COMPARTIDAS CO COLEXIO CEIP SEIS DO NADA

O venres 24 de maio celebramos o quinto ano de "LECTURAS COMPARTIDAS" de apadriñamento lector dos alumnos do noso colexio co centro "CEIP Seis do Nadal" do noso barrio.
A actividade consiste no encontro do parque da Bouza do barrio para ler xuntos e despois merendar e xogar.
LECTURAS COMPARTIDAS CO COLEXIO CEIP SEIS DO NADAL on PhotoPeach

NOVA MALETA VIAXEIRA DO CEFORE DE INCLUSIÓN

Temos a maleta viaxeira do CEFORE durante todo o mes de maio. Comenzamos a súa lectura por cuarto nivel e chegará ao primeiro nivel. Esta maleta profundiza nos valores e nos temas de inclusión.

VISITA DE CARLOS TABOADA

O escritor Carlos Taboada, estivo no colexio para falarnos do seu libro "A BIBLIOTECA DE PEDRALCANA" para o alumnado de 5º nivel.
Contou de novo o conto facendo ilustracións propias.
Moitas grazas.

VISITA DE CARLOS TABOADA on PhotoPeach

VISITA DE IAGO LÓPEZ

O autor do libro "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS" estivo connosco o pasado 2 de maio. Dramatizaron o conto que lemos en primeiro e en segundo nivel.





LinkWithing

Enlace con post antiguos