Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

SAMAÍN NA NOSA BIBLIO

Ola amiguiños/as: 

Celebramos o noso Samaín! Que medo pasamos! Había un montón de personaxes terroríficos polas aulas..., un ataúde e cabazas horripilantes na nosa entrada, unha lenda recreada no salón de actos, un xogo de pistas sobre o Samaín nos corredores, fantásticas sesións nos recreos da biblio, tamén un tragamedos e, por último, o noso conxuro de Samaín! Estade moi atentos e mirade, mirade...

A nosa biblioteca 


 

     
A nosa entrada terrorífica...



Xogo de pistas polos corredores

Nas sesións do recreo o alumnado puido ver: "Carabuñas", "La llorona" y "This way up".





O venres tivemos unha sesión moi especial. Visitade o seguinte enlace para velo....


O noso tragamedos


Espero que vos gustase!
Pronto teredes noticias miñas. 

Ata outra amiguiños/as!










 











CONTOS TERRÓRIFICOS por Samaín

Ola amiguiños e amiguiñas! Un curso máis xa estou de volta. Con motivo da celebración do Samaín, esta semana ides poder desfrutar de Contos Terroríficos durante o recreo na vosa bibioteca MORAIMA. Coidado ao entrar! Hai novidades espeluznantes! Espero que vos guste moito!

LinkWithing

Enlace con post antiguos