Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo
O Vindeiro venres día 3 de febrereiro daremos inicio ao 1º Club de lectura do CPI Celso Emilio Ferreiro.
A primeira reunión terá lugar á hora do recreo de secundaria na aula de 3º ESO A. Alí coñecerémonos, informaremos do funcionamento do Club e ofreceremos os títulos dos que faleremos nos seguintes encontros.
Lembrámovos que, xa que estamos no mes de febreiro, evidentemente, os primeiros títulos estarán relacionados co AMOR.
Se queres descubrilos, xa sabes onde te agardamos.

Comentamos tamén que se hai algún outro membro da comunidade educativa interesado en formar un club de lectura de adultos, estaremos encantados de poñelo en marcha.

Para abrir boca deixámosvos un pequeno adianto sobre a literatura romántica e as súas características.

LinkWithing

Enlace con post antiguos