Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa estou aquí de novo para contarvos que onte foi o Día Internacional da Muller. Para celebralo, cada aula investigou sobre unha muller, relacionada co tema do noso centro, e despois fixeron uns magníficos murais sobre cada unha delas. 

Canto aprendimos! e de que xeito contribuiron moitas mulleres co seu traballo á nosa sociedade!

Móstrovos a nosa exposición...

Despois faremos un gran libro con todas elas, que se poderá consultar na nosa biblioteca.










Seguro que quedáchedes abraiados do que traballou o noso alumnado e da creatividade que tiveron.
Na biblioteca tamén podedes consultar diferentes libros relacionados coas mulleres traballadoras e moi importantes na nosa sociedade. 



Ata pronto amiguiños/as!














VISITA DE MARÍA CANOSA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

O pasado mércores tivemos unha visita moi especial, viu ó noso centro MARÍA CANOSA! 

Moitos xa sabedes que é, non si? Claro, a autora de Lobo Ramón, o  libro que están a ler os rapaces de 2º. 


E os que non a coñezades, aínda podedes coller na nosa biblioteca algúns dos seus libros... animádevos!



Todos os rapaces e rapazas de 2º tiveron a oportunidade, en dous turnos, de poder escoitar e falar con María. 
Contounos un montón de cousiñas, e tamén revelounos un pequeno segredo... Lobo Ramón terá segunda parte! 
Todos/as sorprendéronse moito, e gustoulles moito esa nova.
María respostou a un montón de preguntas e todos os rapaces e rapazas quedaron moi ledos. 
Ó final, tamén lles adicou o seu libro a cada un. 
Podedes ver as fotos...





Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

   









LinkWithing

Enlace con post antiguos