Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Queríavos contar que hoxe celebramos o día da nosa marabillosa escritora Rosalía de Castro. 

Que fixemos?

Pois para empezar, un gran collage con anacos, versos das súas diferentes obras, entre todos os rapaces e rapazas do centro. Mirade, mirade que fermosura...


Aproveitando tamén o noso tema do centro "Vivamos coma galegos/as", viñeron a darnos un obradoiro de pandeiretas da asociación "Lumieiras". Foi estupendo. Os rapaces e rapazas o pasaron moi ben, e aprenderon moitas cousiñas, tamén comezaron a dar os seus primeiros "pandereitazos".

As clases de 3º traballaron na aula a figura de Rosalía de Castro a partir dun pequeno minilibro. Móstrovos algunhas fotiños.




Ata outra amiguiños e amiguiñas!






PERSONAXES DO ENTROIDO GALEGO

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa estou aquí de novo para contarvos que hoxe e mañá faremos uns obradoiros sobre personaxes do entroido galego. 


Algúns rapaces/zas animáronse a participar e aprenderon moito sobre eles. Despois fixeron unhas actividades para pasalo en grande. Deixovos unhas imaxes...





Ademáis tiveron a sorte de poder ver un auténtico traxe dun Cigarrón do Entroido de Verín. Tróuxonolo unha rapaza de 3º B para que todos puidésemos contemplar esta curiosa vestimenta, á vez que moi pesada e fermosa. Os rapaces e rapazas quedaron abraiados...


Ata pronto amiguiños e amiguiñas!





A nosa arte

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Queríavos contar que hoxe as dúas aulas de 3º foron de saída á Afundacion. 

Sabedes que aprenderon?

Pois un montón de cousas novas. Estiveron traballando de detectives, onde tiñan que atopar os cadros na exposición ós que se referían os poemas que recitaban. Tamén estiveron aprendendo características dos diferentes cadros (cubismo, perspectiva aérea, realismo máxico,...)

Ademais fixeron un obradoiro de poesía, onde tiñan que crear uns versos pensados por eles mesmos. A verdade e que foron uns verdadeiros poetas. 

Déixovos un video para que poidades velo...


Ata outra amiguiños e amiguiñas!



XOGOS NA BIBLIOTECA MORAIMA

 Ola amiguiños/as:

Teño una nova moi interesante, aínda que moitos de vós xa a coñeceredes se estivéchedes atentos ós carteis que poñemos na nosa biblioteca....


Coma podedes ler, todos os venres podedes vir á biblioteca a xogar. 
O pasado venres, animáronse algúns compañeiros/as. O xogo máis demandado foi o xadrez.
Animádevos a vir e xogade!





Ata outra!





LinkWithing

Enlace con post antiguos