Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

LIBROS DE NADAL

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí tendes as lecturas de Nadal. Xa veredes que historias máis marabillosas se agochan nestes libros. Disfrutaredes moitísimo deles...








E...MÁIS ACTUACIÓNS DE NADAL!

 Amiguiños e amiguiñas, seguen enviando cantigas e contos do Nadal, é fantástico!

Anais (5ºA) vai contar o conto "El hombre de jengibre". Moi ben Anais!


Alex Villanueva (5ºA) decidiu cantar unha panxoliña, e así o fixo... 


Brais (5ºA) tamén se animou a cantar, esta vez a popular panxoliña "Los peces en el río".



Daniela (5ºA) quixo compartir con nós unha curta intervención onde se escoita unha típica cantiga de nadal. Noraboa polo baile Daniela! 


Izan (5ºA) animouse a cantar "Navidad, dulce Navidad", escoitade qué ben o fai!



Lucía Varela (5ºA) deléitanos  co conto "Una Navidad ajetreada". Bo traballo!


De seguido, unhas actuacións moi animadas. Yaiza (1ºB) canta xunto a algúns membros da súa familia unha panxoliña. Pásanno moi ben, pero a muller do xersei vermello é a que máis se luce. Noraboa por esa voz tan estupenda! Encantoume!


Agora Javi, tío de Enzo (1ºB) deléitanos cunha cantiga típica de nadal. Menudo músico!


E seguimos con músicos. Enzo (5ºA) fainos unha demostración do ben que toca... Xenial!


Enzo (1ºB) e a súa irmá, comparten unha tradición que teñen na familia... Animádesvos? Velaí a tendes!

 
Agora Enzo (1ºB) anímase a acompañar ós seus avós Lola e Emilio mentres tocan a pandeireta ó son dunha fermosa panxoliña. Moi ben avoíños!


Nicolás (5ºA) narra o contiño de Rudolph... Estupendo!



MÁIS NADAL!

 Amiguiños e amiguiñas, estou moi, moi contento. 

Vexo que cada vez máis estades a participar na actividade proposta da biblio. Iso encántame e éncheme de ledicia.

Moitas grazas a todas as familias!

Comparto con vós a lectura dunha obra de teatro por parte de Mar (4ºB) e Gael (6ºB).

 Moi ben rapaces! Noraboa!

Agora non vos perdades os títeres de Nael (4ºB) e Lúa (1ºA) cantando unha panxoliña moi orixinal.


Carmen (4ºB) cóntanos "A noite de reis da princesa", onde a protagonista é algo especial...

Xenial Carmen!




MÁIS CANTIGAS DE NADAL!

 Amiguiños!

Recibín máis cantigas de Nadal. Realmente algunhas son marabillosas. Encántanme!

Moitas grazas por participar e compartir con todos nós!

A continuación poderedes escoitar unha cantiga de Iria e Lucas (2ºA). Xa cantada polos seus tataravós!

Agora poderedes ver a Brais en familia cantando outra Panxoliña de Nadal. Gustoume moito!


Luna (2ºB), a súa nai e a súa doce avoa, deléitannos cunha fermosa Panxoliña. Que tenrura!

Que cantiga máis animada! E que ritmo teñen estes rapaces. Breixo (1ºA) canta superben! Fascíname!



Lía (2ºB) conta, xunto co seu encantador avoíño, un contiño... Que riquiño!


Por último, Carmen (4ºA), narra o que lle acontecía ó seu tío no Nadal,... escoitade, é moi interesante!

CONTOS DE NADAL

 Ola amiguiños:
Algúns dos vosos compañeiros/as xa se animaron e enviáronnos algúns contos. 
Hoxe poderedes escoitar un realmente bo, contado por Adriana (4ºA) e a súa curmá Briana (1º A).

Ata pronto amiguiños!



LinkWithing

Enlace con post antiguos