Ola compañeiros/as!
Son Celso e xa estou aquí de novo. Nesta ocasión queríavos contar algo moi interesante...
Sabíades que o sábado foi o día do libro? Espero que si, porque o venres xa nos adiantamos no noso cole nesa celebración.
Puidéchedes ver na entrada unha exposición de libros relacionados co mar, contaminación e cos faros, xa que o noso tema deste ano tiña que ver con todos eses títulos. Os exemplares que hai, están a vosa disposición na biblioteca e podedes lelos e consultalos.
Pero aínda temos máis sorpresas!
Coma xa sabedes, todas as aulas escolleron un faro, facendo unha presentación de cada un deles. As dos rapaces de 1º e 2º expoñeranse na entrada, e as do resto dos cursos poderedes velas a continuación, porque son online!. Será estupendo!
Poñédevos cómodos que velaí van...
1º A 1ºB
3ª A 3ºB
Amiguiños e amiguiñas, espero que vos gustasen as presentacións. A min encantáronme e aprendín moito dos faros que temos tan preto de nós, na nosa Galiza.
Ata outra!
Comentarios
Publicar un comentario