Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

CONTACONTOS DE MEDO: SABELA GAGO

Todo o alumnado do colexio gozou dunha xornada de contacontos. Foron tres contos e, os alumnos tamén os escoitaron en tres grupos. Os contos afondaban nos monstros internos, e a superación de diferenzas entre as persoas.

SAMAÍN NA BOBLIOTECA

Programamos varias actividades:
  • Decoración da biblioteca e da entrada do colexio.
  • VII certame do  cómic de medo co tema da ecoloxía e a sostenibilidade.
  • Taller de escritura, coa creación da pócima " LECTURA" de moito medo.
  • Exposición de libros de medo na biblioteca.
  • Mochila lectura viaxeira con cinco libros de medo para 3º e 4º nivel.

ANIMACIÓM LECTORA DA CONTACONTOS ÁNGELES

Canta escuridade! Cabazas por todas partes cunha pinta que mete medo e algún que outro esqueleto.. Chegou o Samaín!
O alumnado transformouse en seres arrepiantes e Sabela Gago veu contarnos un conto.
Non te perdas a nosa tradicional exposición de cabazas! Grazas ás familias pola súa colaboración na ambientación do colexio. ANIMACIÓN LECTORA DA CONTACONTOS ÁNGELES on PhotoPeach

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRE DE 2019

Festexamos esta xornada coa difusión do cartel e do pregón da Biblioteca Nacional.
A biblioteca Moraima, agasallou a todos os alumnos cun feixe de marcapáxinas, globos, postais, pegatinas... doadas por librerías e editoriais.
DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2019 on PhotoPeach

BENVIDA Á BIBLIOTECA E AO NOVO EQUIPO DE AXUDANTES





Un novo ano de lecturas e axudantes da biblioteca. PARABENS!



LinkWithing

Enlace con post antiguos