Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA DO TEATRO

O día 27 de Marzo celebrouse o día do teatro a nivel mundial. Neste curso realízase " o segundo certame de creacións de obras de teatro" en 2º e 3º ciclos. Neste concurso haberá tres premios, que se entregarán o día das Letras Galegas. Tamén hai unha exposición de libros de teatro na biblioteca.
Finalmente para conmemorar este día, tamén tivemos connosco o contacontos "PACO NOGUEIRAS", para o alumnado de 2º nivel, con tres libros de Kalandraca.


DÍA DO TEATRO on PhotoPeach

DIA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celebrouse o día da poesía. O equipo programou un díptico de investigación do autor "LOPE DE VEGA", como autor de creación poética e teatral. Tamén realizouse unha exposición na biblioteca de libros de poesía.

DIA DA POESIA on PhotoPeach

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 2º ciclo tivo un encontro coa escritora Ana Alonso, coa colección " PIZCA DE SAL", logo de traballar catro dos seus libros e intercambialos. Esta colección prende moito interés nos alumos/as pola diversidade de historias e materiais traballados a partir delas.






LinkWithing

Enlace con post antiguos