Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

Proxecto ECOFAROS

 Ola amiguiños/as:

Xa estou aquí de novo e queríavos contar algo... lembrades o noso proxecto deste ano? 

Mirade...




Pois si, o noso proxecto é o dos ECOFAROS. Ademais de coñecer diferentes faros de Galicia, a súa contorna (fauna e flora), tamén seguimos colaborando no coidado do noso planeta: reducindo, reciclando e reutilizando.  
Querémosvos propor facer unha actividade familiar: a realización dunha maqueta do faro correspondente ó curso onde esteades. Se queredes participar, lembrade facela con materiais de refugallo, para así colaborar tamén no coidado do noso planeta. Achégovos o tríptico que fixemos para coñecer todos os faros escollidos.


Esperamos que vos animedes a facer eses marabillosos faros. Estamos desexando velos.
Despois exporémolos no colexio para compartilos con toda a nosa comunidade educativa. 

Ata pronto amiguiños e amiguiñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithing

Enlace con post antiguos