Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA DE ROSALÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Coma seguro que xa sabedes, hoxe foi o día de Rosalia de Castro. A nosa poetisa e escritora galega máis destacada.

Lembremos que publicou a primeira gran obra impresa en galego, "Cantares galegos".

De feito, o día das Letra Galegas, celébrase o mesmo día que foi publicada esta obra, o 17 de maio


No cole, collimos a obra "La hija del mar" (1859) e traducimos ó galego un fragmento entre todas as aulas, o resultado foi estupendo. Unimos todos os fragmentos e os rapaces de cada clase leron o seu... 
Ensínovos o estupendo que nos está a quedar a entrada do colexio.





Ademais, os rapaces de segundo, tamén traballaron con Rosalía... Fixeron uns traballiños preciosos, elexindo unha das frases pronunciadas por Rosalía... "Abre a xanela que quero ver o mar"...
















LinkWithing

Enlace con post antiguos