Ola amiguiños e amiguiñas!
Hoxe, Día do Libro, viu a visitarnos Ledicia! e foi toda unha ledicia tela con nós.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Hoxe, Día do Libro, viu a visitarnos Ledicia! e foi toda unha ledicia tela con nós.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Hoxe, día do libro, celebrámolo facendo un apadriñamento. Pero non foi un apadriñamento coma os que se fixeron ata agora, foi moi especial... por que? Pois porque os máis pequenos eran os que apadriñaban aos maiores. Todo un reto!
Así, a rapazada de 1º leu aos de 6º, os de 2º aos de 4º e os de 3º aos de 5º. Foi xenial!
Ademais, parece que aos maiores gustoulles moito, xa que agasallaron aos seus lectores cun marcapáxinas moi especial.
Ola amiguiños e amiguiñas!
O luns 22 tivemos a visita de Amalia Pérz Otero, mestra, orientadora, escritora e nai.
Describiunos como foi o proceso dende que tivo a idea ata a súa publicación, e tamén respostou a un montón de preguntas que lle fixeron os rapaces/as de 3º e 4º. Son moi curiosos!
Propuxo unha actividade moi creativa: cada un dos nenos/as converteuse nun escritor/a. Podían crear os seus propios contos, historias,... Algúns incluso as leron, outros as rematarán e estamos ansiosos por coñecelas.
Pasámolo xenial!
Esperamos que volte pronto ao noso centro.
Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!
Bos días amiguiños e amiguiñas:
Menuda semana que nos espera! A semana do Día do Libro!
Temos un montón de sorpresas, mirade, mirade...
Ola amiguiños e amiguiñas!
Este xoves 21 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza do autor Xabier Domínguez que escribiu xunto con Alba de Evan un fantástico cómic “Miquits” para os cativos de 2º curso.
Xabier ensinounos a través dunha presentación e varios vídeos como é o proceso de creación dun libro e a cantidade de persoas que están implicadas neste proceso. A súa orixinalidade cautivou ao alumnado, que tivo moitas preguntas sobre os personaxes. Tamén nos sorprendeu co lanzamento da segunda parte de “Miquits” que sairá arredor de setembro. Por último, fixo unha firma de libros e o alumnado entregoulle varios debuxos como agradecemento.
Ola amiguiños e amiguiñas
O martes 19 de marzo visitounos Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos". Lectura coa que o alumnado de 4º puido desfrutar durante algunhas sesións.
Invitámosvos a todos a ler o libro, ao noso alumnado encantoulle, ademais de poder cantar e bailar coas cancións que podedes escoitar durante a súa lectura.
Ola amiguiños e amiguiñas
Móstrovos as novidades que temos na biblioteca, ides alucinar!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!
Ola amiguiños e amiguiñas!
Seguimos traballando coa prensa.
Tocou pasatempos, e aproveitando o día da muller, fixemos sopas de letras onde tiñamos que buscar os nomes de diferentes deportistas... adaptadas para o 1º, 2º e 3º ciclo.
Ola amiguiños e amiguiñas!
Estamos na semana da prensa e na biblioteca temos unha chea de actividades para facer.
Ola amiguiños e amiguiñas:
Quería que soubeses o ben que o pasa a rapazada os venres na nosa biblio.
Os venres xa sabedes que hai xogos na biblio, mirade, mirade como xogaron estes nenos e nenas.
Ola amiguiños e amiguiñas
Quería contarvos que hoxe viu a visitarnos Ángeles Escribano. Estivo coa rapazada de sexto. Ángeles é unha antiga docente que nunca deixará de remexer e activar as mentes do alumnado a través da lectura.
Moitas grazas Ángeles por compartir con nós eses intres!
Ola amiguiños e amiguiñas
Ímos celebrar o día de Rosalía de Castro no noso cole. Entre todo o alumnado fixemos un retrato da autora e quedou xenial...
Ola amiguiños e amiguiñas!
Móstrovos as novidades da biblio...