Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños/as:

Xa estou aquí de novo para contarvos un montón de novidades!

Veredes, esta semana celebramos o Día das Letras Galegas e fixemos actividades relacionadas co autor, e tamén co noso proxecto de centro.

  • Exposición de poesías de Florencio Delgado.
Os muros do noso centro están cheos de barcos e faros colgados. Podes achegarte e deleitarte con versos do poeta homenaxeado este ano. 
Non fai falla que vos diga por que escollimos esas formas non? Lémbrade, polo noso proxecto de centro: Ecofaros.
Clica na imaxe e verás a todos/as os rapaces/zas posando coas súas creacións. Que ledicia!


  • Florencio Delgado: Podcast
Os rapaces/as de 6º B agasalláronnos cun programa de radio Celio moi especial, lembrando a este marabilloso autor. Escoitade, escoitade, é moi interesante... (Clica na imaxe).




  • Exposición faros
Por fin chegou o día! Tiña moitas ganas de ver as vosas maquetas dos faros, e certamente valeu a pena. Son marabillosas! 
Quedei abraiado do moito que participáchedes e traballáchedes para facelas. Encantáronme!
Parabéns a todos/as, e por suposto, moitas grazas a todas as familias por colaborar. 




  • Falamos dos nosos faros.
Pensades que xa remataramos? Pois non, isto aínda non acabou.
Agora, poderedes escoitar unha breve reseña sobre cada faro que traballamos nas aulas. 
Mira que traballamos neste centro eh?


Parabéns a todos/as! Fixéchedes un traballo magnífico. Estou moi orgulloso do noso centro. 







VISITA DE FINA CASALDERREY

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Onte tivemos a honra de contar no cole cunha visita moi especial, a da escritora galega Fina Casalderrey. Estivo cos lectores e lectoras de 6º B para contarnos as súas experiencias co libro " O  misterio do Faro Vello" que limos na clase e para emocionarnos coas súas sinxelas e belas palabras.

Grazas por este momento tan máxico e que sempre nos ilusione seguir a luz das verbas!

Podedes ver o video que preparou a mestra Paz. Disfrutádeo!



LinkWithing

Enlace con post antiguos