Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Estou aquí de novo, pero xa sabedes que falta moi pouquiño para que remate o curso. Por un lado estou moi ledo, pero por outro... botareivos moito de menos!

Non vos preocupedes, para o próximo curso prepararemos moitas novidades que vos encantarán, xa veredes...

Aquí vos deixo unhas recomendacións de lecturas para o verán, espero que vos gusten e gocedes con elas. E lembrade...


VISTA DE ANDREA MACEIRAS

 Ola amiguiños/as:

Xa estou aquí de novo para contarvos a visita dunha extraordinaria autora: Andrea Maceiras.

Os rapaces de 5º gozaron coas súas palabras, e comentaron a lectura do libro "A folla azul".

Mirade, mirade o video que os preparei...























ANIMADORA: SABELA GAGO

Ola amiguiños/as:

Sabedes quen nos visitou hoxe? Seguro que os rapaces/as de 1º e 3º si o saben... Sabela Gago!

Grazas a ela os nenos/as puideron pasalo estupendamente. Encántalles que veña esta animadora. Fainos rir, pensar, interactuar,... e tendo como principal obxectivo fomentar o gusto pola lectura.

Móstrovos algunhas fotiños da visita...






ANDAINA LECTORA

 Ola amiguiños/as:

Queríavos comentar o que fixeron hoxe os nosos compañeiros/as de 5º, unha andaina lectora!

Fixeron unha ruta a pé, foron ata Bouzas, e alí, ademáis de practicar un montón de actividades físicas con xogos, sentáronse tranquilamente e puxéronse a ler. Seguro que o pasaron xenial!

E unha fantástica iniciativa que deberíamos practicar todos/as. Pensareino para o próximo curso. 

Déixovos algunhas das fotos que me enviaron. 









LinkWithing

Enlace con post antiguos