Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

RELATOS CURTOS NA SEMANA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas

O venres tivemos unha sesión de Radio Celio do máis entretida. Aproveitando a semana do libro, os rapaces/as de 6º contaron os seus relatos curtos. Algúns foron espeluznantes!

Son creacións propias deles, coas que seguro que acadarán algún premio. 

 Noraboa escritores/as do Celso!

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE GEMA VALADO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

O venres 26 de abril tivemos a visita de Gema Valado, escritora e nai. 


Xa temos o seu libro na nosa biblioteca! Lembrádelo?


Os rapaces/as de 1º e 2º pasámolo xenial. Escoitamos a Geman e quedamos abraiados, pero aínda máis cando comezamos a cantar. Penso que nos oíron en todo o colexio!

Ata pronto Gema!

Grazas por compartir un ratiño connosco!

Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!


VISITA DE LEDICIA COSTAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Hoxe, Día do Libro, viu a visitarnos Ledicia! e foi toda unha ledicia tela con nós.


O alumnado de sexto tivo a gran sorte de gozar coa súa visita.
Compartimos con ela anécdotas, ideas... e unha morea de gargalladas. 
Tras leren a "Escarlatina" quedamos agora con ganas de seguir lendo moitas máis historias desta marabillosa autora. 

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!




Día do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Hoxe, día do libro, celebrámolo facendo un apadriñamento. Pero non foi un apadriñamento coma os que se fixeron ata agora, foi moi especial... por que? Pois porque os máis pequenos eran os que apadriñaban aos maiores. Todo un reto!

Así, a rapazada de 1º leu aos de 6º, os de 2º aos de 4º e os de 3º aos de 5º. Foi xenial!

Ademais, parece que aos maiores gustoulles moito, xa que agasallaron aos seus lectores cun marcapáxinas moi especial. 


Seguro que repetiremos!

Feliz Día do Libro!





Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!










VISITA DE AMALIA PÉREZ OTERO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

O luns 22 tivemos a visita de Amalia Pérz Otero, mestra, orientadora, escritora e nai.


Amosounos algúns dos libros que escribiu: 

  

 Describiunos como foi o proceso dende que tivo a idea ata a súa publicación, e tamén respostou a un montón de preguntas que lle fixeron os rapaces/as de 3º e 4º. Son moi curiosos!

Propuxo unha actividade moi creativa: cada un dos nenos/as converteuse nun escritor/a. Podían crear os seus propios contos, historias,... Algúns incluso as leron, outros as rematarán e estamos ansiosos por coñecelas. 

Pasámolo xenial!

Esperamos que volte pronto ao noso centro. 

Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

SEMANA DO LIBRO NO CELSO

 Bos días amiguiños e amiguiñas:

Menuda semana que nos espera! A semana do Día do Libro!

Temos un montón de sorpresas, mirade, mirade...


Ata pronto!




LinkWithing

Enlace con post antiguos