Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DÍA DA PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Quería contarvos que onte, 30 de xaneiro, pasámolo xenial celebrando o día da PAZ.


Eu estiven moi atento a todo o que fixéchedes. 
Para comezar fixemos uns xogos marabillosos!: 

Transportar unha pelota entre 2 colocándoa na barriga, nas costas, etc.

Paracaídas

Aros musicais

Pasar un aro en círculo sen soltar as mans

Pasar os tacos 

Neles, estabamos con rapaces/as doutros cursos, así puidemos facer amigos/as novos/as. Neses xogos, ningúen perde, todos gañamos pasándoo moi ben.
Despois cantamos e bailamos o xogo da Carrasquiña,.. Ollo! fixémolo formando os aros olímpicos coas cores correspondentes, por que pensábades que íamos todos coas cores azul, verde, vermella, negra e amarela?
Pasámolo en grande.

Pero iso non é todo...
 

O luns 29 celebramos a PAZ cun pasapalabra. Eramos un montón de rapaces/as facéndoo, encantounos.




Ata a próxima amiguiños/as!





CÓMICS GAÑADORES

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quero ensinarvos os cómics gañadores. Aquí déixovolos para que gocedes con eles...

 
                Xián 6º B                                                      Alexandre 3º B


   
          Xián 3ºA                                                                       Dafne 4º A

    Alma 4º A                                                                 Daira 2º A

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!
 









NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Amósovos as novidades que temos xa na biblioteca. 

Xa podedes ler os novos exemplares!



Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!





LinkWithing

Enlace con post antiguos