Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...!

E ímonos de vacacións!

Pero non vos esquezades do concurso de cómics...

Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo. 

Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as!




Ata pronto!!



LECTURAS PARA O NADAL

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.



NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Quérovos informar das novidades que hai na biblioteca. 



Podedes vir a ler cando queirades!

Lembrade que hai unha caixa de suxerencias e teremos en conta as vosas recomendacións. 

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!


CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén!

Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano. 

Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector.

Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar!

Tamén serán publicados no noso blog.

Teño moitas ganas de ler as vosas creacións. 

Os gañadores anunciaranse o día do festival. 


Clica no mural para escoitarme.


Ata pronto amiguiños e amiguiñas!


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Sabedes? Hoxe na biblioteca estivemos falando sobre a conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade que terá lugar o día 3 de decembro. 

Estou moi contento, porque moitos rapaces/as acudiron no recreo para tratar o tema. Gústame moito que vos interesedes por todas as conmemoracións e aprendamos todos/as xuntos. 

O primeiro que fixemos foi falar dos términos que, ás veces, utilizamos mal... así aprendimos como debemos facelo de xeito adecuado. 

Estes son algúns deles, seguramente xa sabedes cales debemos empregar. 


Despois vimos o curto titulado Ian. Gustounos moito a todos/as. Invítovos a que o miredes nas vosas casas coas vosas familias. 
Seguro que vos gusta moito, e ademais fainos pensar que debemos axudar e poñernos na situación de outras persoas que teñen algunha discapacidade. 

Coñecimos tamén a moitos famosos/as con algunha discapacidade. Despois dímoslle cor...






Ata dentro de moi pouquiño amiguiñas e amiguiños!

Celio





25N

 Ola amiguiños/as:

Queríavos comentar que pola conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller temos na biblioteca moitas sorpresas.

O mércores, xoves e venres tratamos o tema. Vimos o conto:


E dúas das rapazas voluntarias de biblioteca léronno. Fixéronno xenial!
O mércores falamos sobre que lle pasaba á cincenta. 
O xoves fixemos algunhas actividades coas que nos divertimos un montón relacionadas co conto.
Seguro que o pasáchedes xenial!

Tamén fixemos entre todos este mural tan chulo!



Ata a próxima amiguiños/as!



MAGOSTO NO CELSO

 Ola amiguiños/as!

Tivemos un magosto moi olímpico. Fixemos as nosas probas atléticas cos maratóns. Pasámolo en grande!

Despois gozamos cos chouripáns e as castañas que nos prepararon as familias no patio. Foi toda unha ledicia!

Ah! Case me esquezo, e tamén tivemos un podio onde os tres primeiros de cada categoría recibiron as súas medallas. Pero aquí todos/as somos gañadores, e o resto tamén recibiron un obsequio: o diploma por participar nas probas. 

Fantástico!



Ata outra amiguiños/as!

 



SAMAÍN

 Ola rapazada!

Xa estou aquí de novo. Quería ensinarvos o ben que fixéchedes as cabazas. Sodes uns artistas. Encantáronme!

Ademais de ser terroríficas, eran deportistas! Ollade, ollade para aí...


Tamén fixemos unhas pócimas espeluznantes e noxentas. Lede, lede,...






Ata outra amiguiños e amiguiñas!









CHEGA SAMAÍN AO CELSO!

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa chega o Samaín, e a nosa biblioteca xa está preparada!

Temos un montón de novidades, mirade, mirade...





Hoxe contamos coa axuda dos alumnos e alumnas de sexto e quinto que fixeron uns contacontos marabillosos nas aulas de primeiro e segundo.
Estes, realizaron as ilustracións das historias que escoitaron.


Mirade que bonito!!!



Ata pronto amiguiños e amiguiñas!






Proxecto de centro

 Ola amiguiños/as:

Case non me lembro de contarvos o Proxecto deste ano do centro! Aínda que quizáis moitos de vós seguro que xa o sabedes porque os mestres/as son moi cotillas...

Pois si, o tema deste ano son as Olimpíadas!

Seguro que aprendemos un montón de cousas acerca delas, e tamén nos divertiremos moitísimo...


Pero mirade que riquiño estou!: Coa miña medalla, o facho (que por pouco me queimo), a miña coroa de loureiro, os aneis olímpicos,... E de fondo algúns dos paises que participan nos XXOO.

Que saibade que estamos mercando libros para aprender máis sobre as Olimpíadas e poderedes consultalos moi axiña na nosa biblio. Fixádevos no andel de novidades.


Ata outra amiguiñ@s!







Escritor@s sorprendentes!

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Por fin estou aquí. Estiven moi ocupado, xa entenderedes porque.

Quería darvos a benvida, aínda que a nosa biblioteca abriu en outubro. 

Andamos preparando todo para, canto antes, ter as mochilas viaxeiras preparadas. Este curso comezaremos antes con elas. Estivemos revisando as libretas onde podiades escribir a vosa experiencia. De verdade, encantáronme, por iso, quero amosarvos algunhas delas. Son chulísimas!

Noraboa a todos/as!!!!

  

Espero que este curso sigades escribindo e debuxando tan ben! Ou ata quizáis, mellor... 

Ata outra amiguiños/as







RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Estou aquí de novo, pero xa sabedes que falta moi pouquiño para que remate o curso. Por un lado estou moi ledo, pero por outro... botareivos moito de menos!

Non vos preocupedes, para o próximo curso prepararemos moitas novidades que vos encantarán, xa veredes...

Aquí vos deixo unhas recomendacións de lecturas para o verán, espero que vos gusten e gocedes con elas. 

NOVIDADES NA BIBLIO ESTE CURSO

 Ola amiguiños/as:

Este curso xa temos unha corcheira para que poidades ver todas as novas da nosa biblio. Estamos todas/os encantados con ela!




Tamén gozamos dun novo mobiliario para a biblio, que empregamos este curso con toda a rapazada. 




Por último comentarvos que o presuposto que tiñamos para mobiliario, e posto que xa tiñamos mobles novos na biblio, o equipo de biblioteca tivo a idea de ampliar o recuncho de lectura e xogos de mesa ó patio. Coma o queremos facer? Pois mercando as mesas de picnic que acaban de chegar. Son estupendas!



Pronto estarán colocadas no noso patio, e poderán gozar, sentadiños nelas, das lecturas, xogos de mesa, escritura creativa,...

Ata pronto amiguiños/as!




VISITA DE O HEMATOCRÍTICO

Ola amiguiños e amiguiñas:

Onte tivemos outra visita dun autor: O Hematocrítico.

Na nosa biblioteca temos unha chea de libros de el. Este ano a rapazada de 2º leu Rapunzel con piollos. 

Contoulles coma empezou a escribir e toda a súa obra, incluso ata se enteraron de porque escolleu ese nome. Quedaron abraiados. 



Os rapaces/zas gozaron moito con el. Están desexando que volte de novo.

Grazas por todo e ata outra!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022-2023

 Ola amiguiños/as:

Esta semana estivemos moi ocupados celebrando o Día das Letras Galegas, e de seguro que sabedes a quen está adicado este ano, non si?

Por suposto, a Francisco Fernández del Riego, ademais xa coñecemos moito sobre el. Durante toda a semana estivemos aprendendo un montón de información sobre este ilustre escritor, aínda que non so era escritor, senon que tiña un montón de profesións máis...

Empézovos a contar...

O luns 15 viu ao noso centro Paco de Monforte, un escritor e profesor. O alumnado de quinto e sexto participou na charla divulgativa na que puideron desfrutar das súas verbas.

Relatounos a través de anécdotas a biografía de Don Paco Martínez del Riego.




O martes 16 tivemos a sorte de gozar coa música e cantigas do grupo ABRIL no que todo o alumnado

 participou. 





O xoves 18 os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º fixemos un roteiro ollando os carteis das escaleiras no que 
aprendimos unha chea de información sobre Fco. Fdez del Riego. 






Ese mesmo día, unhas rapazas do IES Álvaro Cunqueiro de 1º BACH. quixeron vir e facer unha 
pequena presentación sobre o homenaxeado para 3º e 4º. 
O alumnado sorprendeuse do ben que o fixeron e nós do xenial que se portaron e do atentos que 
estiveron. Ao final, incluso respostaron correctamente ás preguntas que lles plantexaron. Fenomenal 
rapaces/as!
E por fin chegou o día no que todos os rapaces/as da letra A actuaron!
Estaban un pouquiño nerviosos, e iso que fixeron dúas actuacións; unha para as familias, e outra para 

resto dos seus compañeiros/as.
O programa foi o seguinte:


1º Canción : Isto bailase así, do grupo banda Molona.
2º Baile tradicional: Muiñeira dos nenos/as.
3º Xogos populares galegos con cancións.
6º Teatro: Performance sobre Don Paco.
5º Canción: "Verbas Galegas"
4º Himno Galego, interpretación instrumental e vocal. 
Actuación nais/pais.
Despedida.


Foi marabilloso. Todos/as os rapaces/as son uns artistas. Gozamos todos moitísimo!
Grazas a todos e feliz celebración das Letras Galegas!








 


LinkWithing

Enlace con post antiguos