Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo
A BIBLIOTECA ABRE POLAS TARDES

Este curso 2012-2013 puxemos en marcha unha iniciativa que esperamos sexa do voso agrado. A biblioteca permanecerá aberta ao público as tardes dos xoves en horario de 4 a 6.30h e será atendida por un profesor do centro. Tanto alumnos e alumnas como pais e nais poderán acudir a leer e consultar os libros, e así poder disfrutar de todo o que ofrece a nosa querida biblioteca. Así que xa sabedes, nos deixedes de visitarnos!





RECOMENDANDO LIBROS

Desde fai un tempo a nosa mascota da biblioteca, Celio, anima a todos os nenos e nenas do colexio a recomendar aqueles libros que máis lles gusten aos demáis nenos do centro. Para tal fin podedes recoller no regazo de Celio unha ficha onde podedes anotar a vosa recomendación e explicar os motivos da vosa eleción. Aquí tedes algúns exemplos das recomendacións que xa están no taboleiro.


              



              


                    


NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Coa chegada do novo ano a biblioteca complácese en presentarvos unha gran cantidade de novas adquisicións para todos os ciclos, que xa tedes a vosa disposición. Xa sabedes, a por eles!



LinkWithing

Enlace con post antiguos