Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

VISITA DE XABIER DOMÍNGUEZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Este xoves 21 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza do autor Xabier Domínguez que escribiu xunto con Alba de Evan un fantástico cómic “Miquits” para os cativos de 2º curso.

Xabier ensinounos a través dunha presentación e varios vídeos como é o proceso de creación dun libro e a cantidade de persoas que están implicadas neste proceso.  A súa orixinalidade cautivou ao alumnado, que tivo moitas preguntas sobre os personaxes. Tamén nos sorprendeu co lanzamento da segunda parte de “Miquits” que sairá arredor de setembro. Por último, fixo unha firma de libros e o alumnado entregoulle varios debuxos como agradecemento.


Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!


Visita de Celtia Figueiras

 Ola amiguiños e amiguiñas

O martes 19 de marzo visitounos Celtia Figueiras, autora do libro "A banda dos insectos". Lectura coa que o alumnado de 4º puido desfrutar durante algunhas sesións. 


Celtia contounos moitas curiosidades sobre o libro, e respostou ás preguntas que a rapazada lle plantexou. 

Invitámosvos a todos a ler o libro, ao noso alumnado encantoulle, ademais de poder cantar e bailar coas cancións que podedes escoitar durante a súa lectura.


Ata a próxima !






NOVIDADES NA BIBLIO

 Ola amiguiños e amiguiñas

Móstrovos as novidades que temos na biblioteca, ides alucinar!!!




Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!






DIA DA MULLER

 Ola amiguiños e amiguiñas!


Celebramos o 8 M no noso centro. Cada unha das aulas tivemos que facer unha ficha sobre unha das deportistas galegas, así aprendimos moito sobre todas elas. Despois baixamos á entrada a coñecelas a todas e tivemos que cubrir un pequeno cuestionario. 

A rapazada de 5º e 6º tivo un encontro co alumnado do IES Álvaro Cunqueiro, concretamente co equipo Morgana de igualdade e diversidade que preparou unha xincana para visibilizar mulleres no deporte. Pasáronno xenial!

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!



SEMANA DA PRENSA II

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Seguimos traballando coa prensa.

Tocou pasatempos, e aproveitando o día da muller, fixemos sopas de letras onde tiñamos que buscar os nomes de diferentes deportistas... adaptadas para o 1º, 2º e 3º ciclo.



Esta semana deu para moito, tamén traballamos as noticias falsas, onde tiñan que pescudar onde se atopaban... adaptadas para os diferentes ciclos. 







Na última actividade, os do 1º e 2º ciclo tiñan que emparellar as imaxes cos titulares, e os do 3º ciclo, organizar as noticias nas distintas seccións. Mirade...



Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

















SEMANA DA PRENSA

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Estamos na semana da prensa e na biblioteca temos unha chea de actividades para facer.

Hoxe comezamos pescudando noticias sobre mulleres deportistas, por suposto, na sección de deportes. Os rapaces/as atoparon algunhas, aínda que se deron conta de que hai moitas máis de homes que de mulleres.






Ata outra!


XOGOS NA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quería que soubeses o ben que o pasa a rapazada os venres na nosa biblio. 

Os venres xa sabedes que hai xogos na biblio, mirade, mirade como xogaron estes nenos e nenas.





Ata outra amiguiños e amiguiñas!


VISITA DE ÁNGELES ESCRIBANO

 Ola amiguiños e amiguiñas

Quería contarvos que hoxe viu a visitarnos Ángeles Escribano. Estivo coa rapazada de sexto. Ángeles é unha antiga docente que nunca deixará de remexer e activar as mentes do alumnado a través da lectura. 

Moitas grazas Ángeles por compartir con nós eses intres!



Ata pronto!





DÍA DE ROSALIA

 Ola amiguiños e amiguiñas

Ímos celebrar o día de Rosalía de Castro no noso cole. Entre todo o alumnado fixemos un retrato da autora e quedou xenial...


No recreo da biblio xogaremos co Genially sobre a vida de Rosalía.


Ímolo pasar moi ben e aprenderemos un montón de cousas sobre Rosalía.

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!




NOVIDADES

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Móstrovos as novidades da biblio...



Sabedes? Temos unha escritora entre as familias do noso cole. É fantástico!
Agasallounos con dous exemplares do seu libro, é Gema Valado. Encantounos!
Non vos preoupedes, poderedes coñecela moi pronto, xa que virá ao noso cole a facernos unha visita na Semana do Libro. Xenial!


Podedes vir á biblioteca e ler o seu libro, aconsellámovolo.
Ata pronto amiguiños e amiguiñas!


O MECO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Que ben o pasamos na celebración do Entroido!

Desfilamos, bailamos, merendamos... e acusamos ao Meco. 

Ao final, no poidemos queimalo por mor do mal tempo, pero quedou castigado igualmente no patio, a choiva... Pobriño!




Ata o próximo ano Meco!

ENTROIDO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa non queda nada para o Entroido no Celso!.

O noso marabilloso Meco olímpico deste ano, xa nolos fixo chegar. Mirade, mirade...


Que feitiño é. Todo un olímpico!
E os mandatos...
Ata outra!




DÍA DA PAZ

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Quería contarvos que onte, 30 de xaneiro, pasámolo xenial celebrando o día da PAZ.


Eu estiven moi atento a todo o que fixéchedes. 
Para comezar fixemos uns xogos marabillosos!: 

Transportar unha pelota entre 2 colocándoa na barriga, nas costas, etc.

Paracaídas

Aros musicais

Pasar un aro en círculo sen soltar as mans

Pasar os tacos 

Neles, estabamos con rapaces/as doutros cursos, así puidemos facer amigos/as novos/as. Neses xogos, ningúen perde, todos gañamos pasándoo moi ben.
Despois cantamos e bailamos o xogo da Carrasquiña,.. Ollo! fixémolo formando os aros olímpicos coas cores correspondentes, por que pensábades que íamos todos coas cores azul, verde, vermella, negra e amarela?
Pasámolo en grande.

Pero iso non é todo...
 

O luns 29 celebramos a PAZ cun pasapalabra. Eramos un montón de rapaces/as facéndoo, encantounos.




Ata a próxima amiguiños/as!





LinkWithing

Enlace con post antiguos