Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

VISITA DE PEDRO MAÑAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º NIVEL

O pasado día 11 de abril estivo connosco o escritor "Pedro Mañas" para falarnos de dous dos seus libros "APESTOSO TÍO MUFFIN" "UNA TERRIBLE PALABRA DE NUEVE LETRAS". 
Explicounos cómo chegou a ser escritor e os seus libros favoritos.
Despois de dar resposta ás nosas preguntas, asignou os nosos libros.
Mostrounos moito agarimo e humor.
VISITA DE PEDRO MAÑAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4ºNIVEL on PhotoPeach

VISITA PARA 6º CURSO DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTAS

O venres 5 de abril, visitounos Teresa González Costa, autora de "A noite das bicicletas", libro que lemos ao longo deste trimestre. Falounos de como creou a trama, os personaxes, en quen se inspirou...
Fixémoslle unha morea de preguntas. Firmou os nosos exemplares e tamén firmou no libro de visitas da biblioteca.
Pasamos un rato moi ameno. Grazas, Teresa!


VISITA PARA 6º CURSO DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA on PhotoPeach

LinkWithing

Enlace con post antiguos