Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

DESPEDIDA DO EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un ano máis chegou o momento de agradecer ao noso equipo de colaboradores da biblioteca de quinto e sexto nivel o seu traballo. Como verdadeiros mediadores lectores actuaron todo o ano, sacrificando moitos tempos de lecer. Para o vindeiro ano contaremos con algúns  pero outros despidense para irse a secundaria. Moitas grazas !!!

ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS DE VIGO

Fixemos unha andaina desde o colexio ata a praia de Bouzas cun dobre obxectivo, combinar o exercicio físico e o fomento da lectura. En primeiro lugar, ao chegar lemos os nosos libros no atrio da Igrexa de San Miguel de Bouzas, logo xogamos na praia e merendamos e finalmente, volvemos ao colexio andando moi contentos.


Somos lectores deportistas!!!




TEATRO MUSICAL: "OS MÚSICOS DO COLEXIO CELSO EMILIO FERREIRO"

OS MÚSICOS DE 4º

O mércores 7 de xuño, fixemos a dramatización da obra teatral de creación propia dos alumnos de 4º A e 4º B. Foi unha versión do libro "Os músicos de Bremen" dos irmáns Grimm da biblioteca do centro.
Contamos coa colaboracion de Sergio, pai de Celia, que seleccionou as distintas pezas musicais do noso teatro musical. Foi unha experiencia gratificante dobre: escribir e dramatizar con audicións de música.

Moitas grazas Sergio!!! 




FOMENTO DA LECTURA E DÍA DA ÁRBORE

AS ÁRBORES DE 3º E 4º NIVEL
No terceiro trimestre, o alumnado de 3º e 4º nivel plantou e coidou dúas árbores: unha maceira e un albaricoque no xardín. Estas árbores foron mercadas coa colaboración dos alumnos de terceiro e cuarto nivel. A actividade tiña un dobre obxectivo: fomentar o Día da Árbore e  a lectura, do libro de Kalandraka  "A árbore da escola" de Antonio Sandoval.Cando medren, todos poderemos ler ao seu carón. Ler e respectar a natureza!!!










OBRADOIRO DE RECICLAXE NA BIBLIOTECA "VIGO RECICLA"

Que divertido foi aprender a reciclar coa axuda do noso coñecido DINOSETO reforzando aprendizaxes xa traballadas nas aulas!


VISITA A FARO DE VIGO

O alumnado de 4º nivel, logo de traballar a prensa nas aulas, programou unha visita guiada as instalacións do periódico vigués "Faro de Vigo". Promocionar a lectura é un obxectivo importante do proxecto lector do centro.

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Os alumnos/as de 4º e 6ºde primaria participaron nun  obradoiro de Igualdade que foi impartido por persoal do Concello de Vigo.


Levaron a cabo dun xeito divertido diversas actividades, que tiveron como finalidade amosar que a igualdade se debe convertir nunha realidade social.



LECTURAS COMPARTIDAS DO 4º NIVEL CO CEIP SEIS DO NADAL

O martes 22 de maio, os alumnos de 4º nivel do colexio, tivemos un xornada de lecturas compartidas co CEIP Seis do Nadal no parque de A Bouza de Coia.
Os nosos alumnos fixeron de padriños lectores aos alumnos de primeiro de infantil, despois de ler un conto do libro de Carlos Casares A galiña azul, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017.

Tamén tivemos unha merenda xuntos e finalizamos con xogo no parque. Que xornada de lectura e diversión!!




LECTURAS COMPARTIDAS DO 1º NIVEL CON INFANTIL DO EEI CRISTO DA VICTORIA

O alumnado de primeiro nivel, do noso colexio tivo unha sesión de lecturas compartidas ao aire libre no parque de "A Bouza", co alumnado de 5 anos da EEI Cristo da Victoria. Fixeron a ruta a pé ata o parque, comenzaron a sesión lectura mesturados e logo tiveron unha sesión de xogo. Ao final, volta ao colexios. Que ben o pasamos!!


MES DOS LIBROS: ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O alumnado de 6º nivel  fixo a lectura do libro "Esmeraldina, a pequena defunta". A autora confirmou a orixe da precuela do libro. Respostou as distintas preguntas dos alumnos e finalmente asinou os nosos libros. Animou a ler moito todos os días. Moitas grazas, Ledicicia!!!




MES DOS LIBROS: ENCONTRO CON JAUREGUIZAR

O autor destacou  esta serie de libros de misterio, explicou a trama do noso libro:

Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia. Os catro sabuxos xogan e divírtense alí ata que descobren que quedaron atrapados dentro dun sitio que ninguén coñece: o Museo Prohibido.

O alumnado de quinto nivel preguntou sobre a saga, e animou ao autor a continuala.


MES DOS LIBROS: ENCONTRO CON HÉCTOR CAJARAVILLE

O encontro con Héctor Cajaraville foi moi enriquecedor e divertido.


 Falounos do xogo de palabras do título " Quen da a quenda?" e respostou moitas preguntas sobre a temática do libro, logo asinounos con moito agarimo os nosos libros.

MES DOS LIBROS: ANTÓN CORTIZAS

O noso encontro con Antón Cortizas foi moi motivador. O autor fixo un resumo magnífico do seu libro " O lapis de Rosalía". Respostou un feixe de preguntas sobre o conto e logo asinounos os exemplares.

MES DO LIBRO: ENCONTRO CON XELÍS DE TORO

Tivemos un encontro co autor Xelís de Toro, que veu dende Gran Bretaña, para falarnos do seu libro "O trompetista e a Lúa", aproveitou para dramatizar un anaco do libro. Os alumnos de terceiro de primaria quedaron abraiados ca súa trompeta e as súas palabras.



MES DOS LIBROS: ENCONTRO CO POETA FRAN ALONSO

Fran Alonso tivo un encontro o 16 de maio, co alumnado de 4º nivel. Despois de ler todos o libro de "Poemas birollos". O poeta explicou plásticamente a definición de poesía: palabras, maxia, silencio e soños. Relendo e creando poesía connosco.


MES DOS LIBROS: ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa...
IAGO LÓPEZ, fixo unha dramatización do conto moi divertida ao alumnado de 2º nivel.


VISITA A BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO DE 4º NIVEL

O alumnado de 4º nivel de primaria vistou a Biblioteca Central de Vigo, onde tivo unha sesión completa de formación de usuarios e un xogo final de pescudas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Celebramos a semana das Letras Galegas, coa programación do Festival das Letras Galegas, con actuacións musicais e teatrais. Destacando a colaboración da biblioteca na dramatización do libro "A galiña azul" de Carlos Casares, a cargo dos alumnos de  cuarto e quinto nivel. Outra actividade foi durante o mes de maio rotar unha mochila viaxeira de Carlos Casares, con libros do autor adaptados a primaria. Houbo tamén visualización de películas de animación, con temática de animais da granxa, como reforzo ao PDI "Celio granxeiro", como Spirit, Heidi, Litlle chicken, O patiño feo,...

FEIRA DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS, PROXECTO ANUAL DO CENTRO.

Programouse desde os distintos equipos do colexio,  e a ANPA do colexio, a actividade estrela "A feira de animais dómesticos". Cada aula era encargada da colaboración nos distintos postos da feira: xogos , obradoiros, música, exposición de ferramentos, mostra de animais en vivo,... A biblioteca tivo un posto especial "Intercambio de libros".Consistiu en aportar libros dos propios alumnos,  que ese día podían cambiar por outros distintos.

LinkWithing

Enlace con post antiguos