Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

23 DE ABRIL " DÍA DO LIBRO"

O día do libro programamos distintas actividades: primeiro, como todos os anos, baixamos a leer no patio co libro no proxecto lector; segundo, coloreamos un marcapáxinas coa mascota Celio, e escribimos unha cita célebre dun escritor animando á lectura; terceiro, damos a coñecer os "Haikus", coa creación e a lectura, escribíndoos nun cubo poético. 
 

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

O día do libro programamos distintas actividades: primeiro, como todos os anos, baixamos a ler no patio co libro no proxecto lector; segundo, coloreamos un marcapáxinas coa mascota Celio, e escribimos unha cita célebre dun escritor animando a lectura; terceiro, demos a coñocer os “Haikus”, coa creación e a lectura, escribíndoos nun cubo poético.

 

 DÍA DO LIBRO 2021

Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas. As actividades e recursos que se promoven van trazando camiños que percorremos construíndo o noso espazo lector.

Nesta viaxe que nos convida a ler o mundo, chegamos ao mes de abril, un mes cheo de vida na  biblioteca Moraima, onde este curso afondamos cun taller de creación de xeometría de Haikus.

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas, compartindo  lecturas como este especial agasallo lector, do Día do libro, aportado polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

“Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para

levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas;

entre as dedas, un formigo. Unha corza a carreira

aberta da área de Broca á área de Wernicke. Esa

corza intrépida pola selva cerebral. Fulgurante.

Intacta. Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar

sen varandas. Sen dúbida, vén sendo algo así coma

unha hucha ou ichavo da fertuna. Ler. Unha

transmutación. O don de quen abriu a hucha e segue

un rastro de frangullas ou pedriñas. Pedriñas da

ventura. O don e a dádi va. Do saber, as frangullas. Ler

é de certo unha xiganta, o seu sorriso, a súa

gargallada, o seu pranto e a súa fascinación arbórea.

Unha area que non escorre entre os dedos, que fica aí,

acesa. Aí, prendida na gorxa, na glote, glogloglo…

mais non dá impo. Fica. No hemisferio esquerdo, nas

esferas enteiras, nas fascias. Felicísima. Unha hucha

de doas innumerábeis, aladas. Sen varandas nin

cancelas. Porta sen cadeado, xanela sen caravilla,

poxigo sen tarabela, eira sen zarrume. Dentro, nos

ollos. A corza que volve, de a cabalo da xiganta,

buligando, sen martabela que coute, a carreira

aberta. Diamantes e frangullas. Todo lle colle no papo.

Unha alfaia de agasallo. Glogloglo… Le.”

Elvira Ribeiro






 


ENCONTRO DIXITAL CON ANA ALONSO

 











ENCONTRO DIXITAL CON LEDICIA COSTAS

 

O 8 de abril conectamos vía telemética, debido a pandemia, coa escritora Ledicia Costas, ás aulas de 6º A e B. Fixo un resumo da súa vida como escritora, e contestou preguntas sobre o seu último libro, que lemos, “Vampira de biblioteca”

“Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo. Así que se es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que no..”.





LinkWithing

Enlace con post antiguos