Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

Semana do Día do Libro II

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa estou aquí de novo para contarvos todas as novidades sobre as visitas que recibimos esta semana para a celebración do Día do Libro.

Comezamos o martes 26 recibindo a Rodolfo Villalba. Estivo cos rapaces/zas de 1º e 2º. 

Visionaron uns contos e charlaron sobre diversos temas relacionados cos contos, libros,... 

Dicir ademais que Rodolfo foi mestre durante moitos anos, a súa experiencia é moita. 

Todos o pasaron xenial! É moi interesante contar coa experiencia destas visitas, das que sempre se aprende un montón. 

Moitas grazas Rodolfo! Esperámoste de novo moi pronto.

 
  
O xoves 27 de abril veu Anabel, nai de Sabela Meniño Vila. 
Aprendimos un montón coa historia que compartiu connosco sobre a súa familia. Ensinounos onde transcurría, anécdotas de tíos, avós,... que facían daquela: costumes, traballo, alimentos, festas,... Para todo iso tamén empregou imaxes con fotos e cantigas típicas daqueles tempos. 
Gozamos todos/as. 
Anabel, tamén esperamos que volvas a visitarnos pronto e seguir disfrutando da túa compaña!. 
Ata outra e moitas grazas!



Por último, o venres 28 visitounos Pedro, avó de Antía e Brais Rovira Busto.
Pedro tamén foi mestre durante moitísimos anos e encántalle escribir contos. 
Estivo no Plan Lector coa rapazada de 1º e despois coas clases de 5º e 6º. 
Compartiu connosco as súas narracións: Carrapuchiña e o lobo lambón, Kokotito, Romance do neno cego, O ogro Pimpín,... e foi un verdadeiro pracer escoitalo. 
Tamén contounos o que loitaron os seus avós pola igualdade de xénero, e que á súa avoa, Filomena Granda, acababan de outorgarlle unha homenaxe en Cambados polo seu labor. 
Pedro quixo incidir no importante que é o respecto entre homes e mulleres, feito no que traballamos diariamente no noso centro.
Que saibades que Pedro deixounos os seus contos para que puidésemos gozar deles no resto das aulas. 
Moitas grazas por todo Pedro. Esperamos contar contigo noutras ocasións! Ata pronto!




Xa me despido de todos/as vós.
Ata outra amiguiños e amiguiñas!



 


Semana do Día do Libro I

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Esta semana estamos celebrando o Dia do Libro, e xa fixemos algunhas cousiñas.

Para empezar, fixemos a árbore dos libros, onde en cada rama os rapaces/zas de cada aula colgaban a súa folla ou flor recomendando algún dos libros que leran. 

Quedou unha árbore fantástica. Mirade, mirade...


Tamén quixemos celebralo coas familias, e xa tivemos algunhas visitas, pero agardade, mellor cóntovolo todo xunto. Tede un pouquiño de paciencia.
E seguide disfrutando desta semana tan fantástica!

Ata pronto!




Día do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes que o domingo se celebra o Día Mundial do Libro?

 Escolleuse o 23 de abril porque nesa data morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (aínda que se di que foi o 22 de abril), William Shakespeare e Garcilaso da Vega. 

Se aínda non os coñecedes, invítovos a investigar sobre cada un deles. 




O noso centro decidiu invitar ás familias que así o quixeran a participar nesta celebración. 
A próxima semana gozaremos dalgúns familiares que se animaron a vir e compartir un ratiño con nós contándonos contos, lendas, vivencias,... Xa vos informaremos. Seguro que o pasamos xenial!

Ademais, fixemos na entrada unha enorme árbore dos libros. Cada aula terá a súa rama para colocar follas e flores onde nos recomendan os libros que máis lles gustaron ó alumnado.
Será estupendo ver todas as ramas cheas dos gustos lectores de tod@s!

Estou desexando ensinárvolo, pero aínda teremos que esperar que toda a rapazada o faga.

Ata pronto amiguiños e amiguiñas!


LinkWithing

Enlace con post antiguos