Datos persoais

Mi foto
Blog da biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro. Vigo

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Que ben o pasamos na festa do Nadal!

Ata os Reis Magos visitáronos na nosa biblioteca...

E menudas actuacións que tivemos. Tod@s o fixeron xenial!

Deixovos un video para que poidades velo todo. Clicade na imaxe. 

Ata pronto!




Contos de Nadal

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Quero contarvos que os días antes das vacacións de Nadal fixemos na nosa biblioteca uns obradoiros para escribir contos. Tratábase de elaborar os nosos contos a través do xogo cun dado. Tiraban o dado e decidía que protagonista, obxecto e lugar debia aparecer no conto. 

Ensínovos algunhas das fotos que sacamos para que vexades como gozaron moit@s compañeir@s. Animáronse un montón!

Mirade, mirade...




MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas:

Xa estou aquí de novo para informarvos de que, moi axiña, as mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina con todos os rapaces e rapazas do Celso. 

Este ano estrenamos mochilas viaxeiras, e todo o que levan dentro é fantástico, xa o veredes. Poderedes gozar das lecturas, non so de historias, cómics ou poemas, tamén descubriredes feitos sorprendentes da ciencia e da historia, poderedes cantar e bailar con algunhas delas e,... xogar en familia!

O equipo da biblioteca desexa que vos gusten moito, disfrutedes e as compartades coa familia.

Xa nos contaredes. Estamos ansiosos por ler todos os cadernos das mochilas. 

Ata pronto!




LinkWithing

Enlace con post antiguos