Ola amiguiños/as: Xa estou aquí de novo. Quería contarvos que onte visitounos unha extraordinaria autora: María Reimóndez. As aulas de 4º A e 4º B disfrutamos da súa visita. Estarédesvos preguntado porque viu esta autora, pois é moi sinxelo, estes rapaees/zas leron "O xeito das froitas". Un libro que nos gustou moito. A súa protagonista, Iris, é unha rapaza moi especial, e moitas das cousas que lle pasan tamén o son. Animámosvos a que tamén o leades. María estivo falándonos sobre Iris, o que lle pasa, e o seu significado, e tamén lle fixeron algunhas preguntas (estes neno/as son moi curiosas/as). Despois, firmou os libros cunha dedicatoria diferente para cada un. Foi estupendo! Ata a próxima amiguiños/as!