Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

TALLER DE COCIÑA CREATIVA

O equipo de Bibiblioteca como remate ao mes da ciencia en galego, programaou unha actividade mestura de ciencia lúdica e creatividade.O alumnado de 4º nivel asistiu a unha sesión de creatividade cos alimentos.

Conferencia " O mundo mariño na Ría de Vigo"

O equipo de biblioteca programou unha conferencia divulgativa sobre "O mundo mariño na Ría de Vigo" para destacar o papel da ciencia e da divulgación no mes de Novembro "Mes da Ciencia en galego". Contamos coa colaboración dun experto do Instituto Mariño de Ciencias do Mar de Vigo. Foi deseñada pora os alumnos de 4º nivel, e levada a cabo coa colarobación das familias, xa que, era un pai dun alumno do centro.

CELEBRAMOS O DÍA DE SAMAÍN CUN CONTO DE MEDO.

O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín con diversas actividades: exposición de contos de medo da biblioteca e aportados polas familias, concurso cómic de medo "Os animais domésticos terroríficos" e a dramatización do conto "Un souto escuro e perigoso" do autor Miguel Vázquez Freire. QUE MEDO!!!

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2016

O día 24 de outubro celébrase o  " Día da biblioteca Escolar 2016 " haberá diversas actividades como confección do mural conmemorativo, realización de marcapáxinas co tema do proxecto anual, e lectura do Manifesto de este ano da autora Ledicia  Costas e da ilustración de este a carga debuxante Elena Odriozola.

OUTRO ANO MÁIS AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN EN MARCHA

PARABÉNS AO EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un grupo de dezaoito alumnos de quinto e sexto nivel foron os aplicados axudantes nas distintas tarefas da biblioteca. A todos eles moitas grazas e ata o ano que ven! ATENCIÓN Por  problemas técnicos na administración do blog, non é posible ver as fotos nesta páxina. Estamos a solucionar o problema. Podedes ver as imaxes na galería fotográfica da web do colexio Celso Emilio Ferreiro. 

EXPOSICIÓN FINAL DO NOSE POXECTO "DOCE RAÑACEOS, DOCE PAÍSES" en imaxes

O estudo de cada un dos rañaceos e a cultura do seu país formará parte dun dossier impreso como libro na biblioteca. A fase de expresión plástica en maquetas dos diferentes rañaceos seleccionados e das propias recreacións das familias, forma parte dunha exposición final no mes de xuño na entrada da planta baixa do colexio. Esta exposición final forma parte desta montaxe fotográfica de recompilación dos nosos alumnos .

ROTEIRO LECTOR DO ALUMNADO DO TERCEIRO NIVEL ATA A PRAIA DE BOUZAS

    Na contorna próxima ao colexio,   como actividade final a biblioteca deseñou un roteiro lector para os alumnos de terceiro de primaria, unindo a lectura e o exercicio físico, pois foron andando desde o colexio un kilómetro e medio ata a praia e volta. Ao chegar a praia colleron os libros e comezaron a lectura. Co obxectivo de promocionar a lectura en espazos abertos e sociais, e favorecendo o hábito lector lúdico noutros momentos de lecer do alumnado. Finalmente, xogamos un pouco na area   da praia, compartindo xogos na praia e volta a camiñar facendo exercicio físico ata o colexio.

ENCONTROS LECTORES "LECTURAS COMPARTIDAS" intercolexios do barrio

        Programamos no "Mes de abril, mes dos libros" a carón desta celebración,  encontros lectores con outros centros próximos ao noso. Co bo tempo de compaña  tivemos coa EEI Cristo da Victoria , un encontro lector tamén de apadriñamento lector dos alumnos de segundo de primaria, padriños do alumnado de infantil de cinco anos, no  Parque da Bouza de Coia. Foi unha xornada de fomento da lectura, emocións e xogos finais.

CONFERENCIA FINAL "DOCE RAÑACEOS DOCE PAÍSES"

·          A última semana de maio tivemos unha conferencia final, sobre o noso proxecto de centro de rañaceos. Foi ofrecida por un pai de 4ª A , dada a súa profesión de arquitecto e a súa vinculación co tema investigado, ofreceu unha charla con presentación dixital sobre os rañaceos, como broche final da programación da biblioteca. Parabéns para esta familia pola súa colaboración.

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ: UN LOBO RIQUIÑO"

Os alumnos de primeiro e segundo nivel co motivo da programación do "Mes de abril, dos libros" tiveron un contacontos do libro " Feliz feroz: o lobo riquiño " de El hematocrítico de Editorial Xerais , todos xuntos gozamos da representación das aventuras dun lobiño moi bo que non podía ser feroz. CONTACONTOS "FELIZ FEROZ UN LOBO RIQUIÑO" on PhotoPeach

FERIA DO LIBRO

O pasado mércores 25 de maio, o alumnado de 1ºA e B, foron convidados a Feira do Libro, que organizou a E.E.I “Cristo da Victoria”, co motivo das Letras Galegas . A directora Candela e a mestra Choni, recibíronnos con moito agarimo. Ensináronnos a exposición dos libros donados polos pais, máis os libros elaborados polos propios nenos e nenas. Foi moi emotivo xa que algúns deles os fixeran eles. De despedida recibiron un agasallo: unha poesía de Manuel María, unha pegatina da mascota do centro , “ Dona Victoria”, a man amiga e un paquetiño de gusanitos. Pasamolo moi ben!!!!.    FERIA DO LIBRO NO CRISTO DA VICTORIA on PhotoPeach

VISITA DO AUTOR MARCOS CALVEIRO

O día 4 de maio, tivemos unha sesión co escritor Marcos Calveiro, logo de ler o seu libro “Unha casiña branca”. Explicounos como no mundo de inxusticias que compartimos moitos nenos viven como Nenoradio e Nenapilas grazas o lixo. Fixemos preguntas sobre diversos finais do libro e finalmente o autor agasallounos coa sinatura de libros. VISITA DO AUTOR MARCOS CALVEIRO on PhotoPeach

VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

O vernes 29 de abril o alumnado de 3º de Primaria, visitou a biblioteca “Xosé Neira Vilas”. É unha biblioteca conectada a rede modal de Galicia. Tivemos unha sesión de educación documental e tamén de presentación de lecturas. VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS on PhotoPeach

LECTURAS COMPARTIDAS INTERCOLEXIOS NA BOUZA

Co gallo das celebracións do Día do libro, o alumnado de terceiro do CEP Celso E. Ferreiro e o alumnado de educación infantil de 5 anos de CEIP Seis do Nadal, tiveron unha xornada de lectura compartida. Os grupos de terceiro recitaron poesías do libro de Cantarolas de Xosé Neira Vilas e os grupos de infantil recitaron a Rosalía de Castro. Despois os maiores apadriñaron aos pequenos lendo un libro en galego. Foi unha xornada lúdica e moi, moi lectora. LECTURAS COMPARTIDAS INTERCOLEXIOS NA BOUZA on PhotoPeach

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Todos os anos é un día especial, ano tras ano, saímos o patio a ler todos xuntos, lecturas compartidas interniveis. Este curso co lema “un conto, unha flor”, todo o alumnado agasallou os seus compañeiros lectores con flores compartidas. DÍA DO LIBRO on PhotoPeach

ERIKA ESMORÍS

Os grupos de 5º de Primaria, tiveron un encontro coa escritora o 19 de abril. Ela recentemente gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015, coa novela “Nena e o mar “(Xerais, 2015). Este e o libro que os grupos de 5º leron conxuntamente. Con ela tivemos unha sesión moi interesante de preguntas sobre a trama e final do libro. VISITA DA ESCRITORA ERICA ESMORÍS on PhotoPeach

ENCONTROS COA ESCRITORA MARÍA CANOSA

Os nenos e nenas de 4º de EP recibiron no colexio a escritora Mª Canosa, autora do libro Rubicundo. A ilustre explicoulles moitas cousas do libro: como se inspirou, cando o escribiu... Cando rematou  a charla, a escritora asinou os libros e púxolles unha dedicatoria como: "Que polo mundo encontres moitos Rubis amables e cariñosos". ENCONTROS COA ESCRITORA MARÍA CANOSA on PhotoPeach

DÍA DA POESÍA E O TEATRO

A biblioteca Moraima programou unha seman de exposición de libros de poesía para celebrar o Día Internacional da Poesía , o 21 de marzo. Tamén houbo un recital de poesías interclases de terceiro nivel. O Día Internacional do Teatro, o día 27 de marzo, tivemos una exposición de libros de teatro. DÍA DA POESÍA E DO TEATRO on PhotoPeach

CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA

O mércores 13 de abril a escritora do libro Xenaro e a negra sombra, Mar Guerra, veu ao noso colexio para darnos unha charla moi interesante. Fixémoslle moitas preguntas e elas contestounas moi ben e con moitas anécdotas. A pregunta máis interesante foi: "Como te inspiraches na personaxe de Xenaro?". Respondeunos que ela é como Xenaro, un pouco pesada ao falar e tamén un pouco "tiquismiquis". A charla foi moi divertida e instrutiva. Logo, aos nenos que tiñan o libro, firmoullo cunhas agradables e simpáticas palabras. CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA on PhotoPeach

MOCHILA DO CEFORE "COMIC"

Todos os anos recollemos a mochila viaxeira do CEFORE de Vigo, durante un mes. Este curso estiveron a leer comics os alumnos e as alumnas de 3º,4º,5º nivel.

LIBRO RETO

Dado ao éxito do curso pasado do "libro reto", programamos este ano, outra lectura colectiva para todo o centro co libro " O PORQUIÑO DE ARNLD LOBEL" da editorial Kalandraka. O reto consiste en acabar xuntos a súa lectura canto antes.

MOCHILA DE MANUEL MARIA

Para afondar no coñecemento do autor das Letras Galegas 2016, a biblioteca Moraima, programou unha mochila viaxeira cos seus títulos máis importantes adecuados ao alumnado de EP.

"DOCE RAÑACELOS, DECE PAÍSES"

Este ano adicamos o proxecto anual do centro aos doce rañaceos coa cultura do seu país. Os países seleccionados foron segundo a altura dos rañacelos: Emiratos Arabes Unidos, China, Nueva York, Malasia, Rusia, Australia, Reino Unido, Japón, Chile, Alemania, España, Sudáfrica. O proxecto constará de tres fases: Investigación, Exposición e plástica. 

CONTACONTOS

O día 18 de febreiro recibimos ao contacontos Paco Nogueiras, cargado con instrumentos musicais e un conxunto de contos nos que destacou Cantarolas de Xosé Neira Vilas. Contacontos 2º on PhotoPeach

DIA DA PAZ

31 DE XANEIRO DE 2016 Adicamos a última semana de Xabeiro a ler doce lecturas seleccionadas polo equipo da biblioteca nas diferentes aulas.