Os nenos e nenas de 4º de EP recibiron no colexio a escritora Mª Canosa, autora do libro Rubicundo.
A ilustre explicoulles moitas cousas do libro: como se inspirou, cando o escribiu... Cando rematou a charla, a escritora asinou os libros e púxolles unha dedicatoria como: "Que polo mundo encontres moitos Rubis amables e cariñosos".
ENCONTROS COA ESCRITORA MARÍA CANOSA on PhotoPeach
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario