O estudo de cada
un dos rañaceos e a cultura do seu país formará parte dun dossier impreso como
libro na biblioteca. A fase de expresión plástica en maquetas dos diferentes
rañaceos seleccionados e das propias recreacións das familias, forma parte
dunha exposición final no mes de xuño na entrada da planta baixa do colexio.
Esta exposición final forma parte desta montaxe fotográfica de recompilación
dos nosos alumnos.
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario