O equipo de biblioteca programou unha conferencia divulgativa sobre "O mundo mariño na Ría de Vigo" para destacar o papel da ciencia e da divulgación no mes de Novembro "Mes da Ciencia en galego". Contamos coa colaboración dun experto do Instituto Mariño de Ciencias do Mar de Vigo. Foi deseñada pora os alumnos de 4º nivel, e levada a cabo coa colarobación das familias, xa que, era un pai dun alumno do centro.
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario