Ir al contenido principal

Semana do Día do Libro II

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa estou aquí de novo para contarvos todas as novidades sobre as visitas que recibimos esta semana para a celebración do Día do Libro.

Comezamos o martes 26 recibindo a Rodolfo Villalba. Estivo cos rapaces/zas de 1º e 2º. 

Visionaron uns contos e charlaron sobre diversos temas relacionados cos contos, libros,... 

Dicir ademais que Rodolfo foi mestre durante moitos anos, a súa experiencia é moita. 

Todos o pasaron xenial! É moi interesante contar coa experiencia destas visitas, das que sempre se aprende un montón. 

Moitas grazas Rodolfo! Esperámoste de novo moi pronto.

 
  
O xoves 27 de abril veu Anabel, nai de Sabela Meniño Vila. 
Aprendimos un montón coa historia que compartiu connosco sobre a súa familia. Ensinounos onde transcurría, anécdotas de tíos, avós,... que facían daquela: costumes, traballo, alimentos, festas,... Para todo iso tamén empregou imaxes con fotos e cantigas típicas daqueles tempos. 
Gozamos todos/as. 
Anabel, tamén esperamos que volvas a visitarnos pronto e seguir disfrutando da túa compaña!. 
Ata outra e moitas grazas!



Por último, o venres 28 visitounos Pedro, avó de Antía e Brais Rovira Busto.
Pedro tamén foi mestre durante moitísimos anos e encántalle escribir contos. 
Estivo no Plan Lector coa rapazada de 1º e despois coas clases de 5º e 6º. 
Compartiu connosco as súas narracións: Carrapuchiña e o lobo lambón, Kokotito, Romance do neno cego, O ogro Pimpín,... e foi un verdadeiro pracer escoitalo. 
Tamén contounos o que loitaron os seus avós pola igualdade de xénero, e que á súa avoa, Filomena Granda, acababan de outorgarlle unha homenaxe en Cambados polo seu labor. 
Pedro quixo incidir no importante que é o respecto entre homes e mulleres, feito no que traballamos diariamente no noso centro.
Que saibades que Pedro deixounos os seus contos para que puidésemos gozar deles no resto das aulas. 
Moitas grazas por todo Pedro. Esperamos contar contigo noutras ocasións! Ata pronto!




Xa me despido de todos/as vós.
Ata outra amiguiños e amiguiñas!



 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: