Ola amiguiños e amiguiñas:
Sabedes que o domingo se celebra o Día Mundial do Libro?
Escolleuse o 23 de abril porque nesa data morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (aínda que se di que foi o 22 de abril), William Shakespeare e Garcilaso da Vega.
Se aínda non os coñecedes, invítovos a investigar sobre cada un deles.
O noso centro decidiu invitar ás familias que así o quixeran a participar nesta celebración.
A próxima semana gozaremos dalgúns familiares que se animaron a vir e compartir un ratiño con nós contándonos contos, lendas, vivencias,... Xa vos informaremos. Seguro que o pasamos xenial!
Ademais, fixemos na entrada unha enorme árbore dos libros. Cada aula terá a súa rama para colocar follas e flores onde nos recomendan os libros que máis lles gustaron ó alumnado.
Será estupendo ver todas as ramas cheas dos gustos lectores de tod@s!
Estou desexando ensinárvolo, pero aínda teremos que esperar que toda a rapazada o faga.
Estou desexando ensinárvolo, pero aínda teremos que esperar que toda a rapazada o faga.
Ata pronto amiguiños e amiguiñas!
Comentarios
Publicar un comentario