Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Semana do Día do Libro II

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa estou aquí de novo para contarvos todas as novidades sobre as visitas que recibimos esta semana para a celebración do Día do Libro. Comezamos o martes 26 recibindo a Rodolfo Villalba. Estivo cos rapaces/zas de 1º e 2º.  Visionaron uns contos e charlaron sobre diversos temas relacionados cos contos, libros,...  Dicir ademais que Rodolfo foi mestre durante moitos anos, a súa experiencia é moita.  Todos o pasaron xenial! É moi interesante contar coa experiencia destas visitas, das que sempre se aprende un montón.  Moitas grazas Rodolfo! Esperámoste de novo moi pronto.      O xoves 27 de abril veu Anabel, nai de Sabela Meniño Vila.  Aprendimos un montón coa historia que compartiu connosco sobre a súa familia. Ensinounos onde transcurría, anécdotas de tíos, avós,... que facían daquela: costumes, traballo, alimentos, festas,... Para todo iso tamén empregou imaxes con fotos e cantigas típicas daqueles tempos.  Gozamos todos/as.  Anabel, tamén esperamos que volv

Semana do Día do Libro I

 Ola amiguiños e amiguiñas: Esta semana estamos celebrando o Dia do Libro, e xa fixemos algunhas cousiñas. Para empezar, fixemos a árbore dos libros, onde en cada rama os rapaces/zas de cada aula colgaban a súa folla ou flor recomendando algún dos libros que leran.  Quedou unha árbore fantástica. Mirade, mirade... Tamén quixemos celebralo coas familias, e xa tivemos algunhas visitas, pero agardade, mellor cóntovolo todo xunto. Tede un pouquiño de paciencia. E seguide disfrutando desta semana tan fantástica! Ata pronto!

Día do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas: Sabedes que o domingo se celebra o Día Mundial do Libro?  Escolleuse o 23 de abril porque nesa data morreron tres grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes (aínda que se di que foi o 22 de abril), William Shakespeare e Garcilaso da Vega.  Se aínda non os coñecedes, invítovos a investigar sobre cada un deles.  O noso centro decidiu invitar ás familias que así o quixeran a participar nesta celebración.  A próxima semana gozaremos dalgúns familiares que se animaron a vir e compartir un ratiño con nós contándonos contos, lendas, vivencias,... Xa vos informaremos. Seguro que o pasamos xenial! Ademais, fixemos na entrada unha enorme árbore dos libros . Cada aula terá a súa rama para colocar follas e flores onde nos recomendan os libros que máis lles gustaron ó alumnado. Será estupendo ver todas as ramas cheas dos gustos lectores de tod@s! Estou desexando ensinárvolo, pero aínda teremos que esperar que toda a rapazada o faga. Ata pronto amiguiños e amigu