Ir al contenido principal

O ourizo

 Ola amiguiños/as

Xa estou aquí de novo. Xa vos dixen que voltaría pronto cunha sorpresa e aquí está.

Algúns rapaces/zas de 3º, aprenderon o poema que traballaron na aula, "O Ourizo" de Manuel María, queredes velos?

Velaquí están!

Por orde de aparición: Lía, Dani, Xoel, Xulia, Dafne, Mario, Alma, Lúa e Ainhara. Noraboa a todos por recitar tan ben a este marabilloso poeta!




Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DE CÓMICS

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano.  Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións.  Os gañadores anunciaranse o día do festival.  Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo.  Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!