Escoitade, escoitade o que vos quero contar hoxe...
Os rapaces e rapazas de 3º traballaron un dos poemas do libro "Os soños na gaiola", de Manuel María, concretamente "O ourizo" que temos a vosa disposición na nosa biblioteca.
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano. Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións. Os gañadores anunciaranse o día do festival. Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!
Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo. Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!
Comentarios
Publicar un comentario