Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

LECTURAS DE NADAL

   Ola amiguiños e amiguiñas! Xa temos preparadas as lecturas de Nadal. Esperamos que vos gusten moito, hai historias incríbles nelas.  Lembrade pedilos polo nadal! Ata outra amiguiños e amiguiñas!

OBRADOIROS 25N

  Ola amiguiños e amiguiñas: Seguimos cos obradoiros do 25N. O xoves os rapaces e rapazas tiveron que descifrar un código segredo, unha mensaxe relacionada con este día tan significativo.  Ensínovos o ben que traballaron e conseguiron averiguar a mensaxe.  O venres tamén estiveron noutro obradoiro do 25N.  Ensínovos o que fixeron.  Uns artistas! e como cantan!... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

MIGALLAS

  Ola amiguiños e amiguiñas Queríavos contar que hoxe nos visitaron MIGALLAS! O alumnado de 1º a 4º de educ. primaria, puideron disfrutar dunha estupenda actuación.  Deleitáronnos co seu espectáculo de "Brincadeiras da lingua", onde nos ensinaron unha chea de ditos, refráns, cantigas,... da nosa lingua, desas que os que máis coñecen son os nosos avós, e non queren que as esquezamos.  Ensínovos algunhas delas... Pasáronno moi ben! Ata outra amiguiños e amiguiñas!

Obradoiros 25N

  Ola amiguiños e amiguiñas Xa estou aquí de novo. Queríavos contar que hoxe comezamos uns obradoiros para traballar a conmemoración do 25 N, día mundial da eliminación da violencia contra as mulleres.  A mestra Coloma foi a encargada de estar hoxe cos rapaces/zas. Estiveron falando sobre o tema, e para elo, a mestra mostroulles unha serie de carteis publicitarios, de non fai tanto tempo. Serviron para que coñecesen a situación da muller fai uns anos, e que, aínda que moitas cousas cambiaron, queda aínda por facer... Velaquí están. Interesoulles moito e houbo unha gran afluecia.  Ata a próxima!

O ourizo

  Ola amiguiños/as Xa estou aquí de novo. Xa vos dixen que voltaría pronto cunha sorpresa e aquí está. Algúns rapaces/zas de 3º, aprenderon o poema que traballaron na aula, "O Ourizo" de Manuel María, queredes velos? Velaquí están! Por orde de aparición: Lía, Dani, Xoel, Xulia, Dafne, Mario, Alma, Lúa e Ainhara. Noraboa a todos por recitar tan ben a este marabilloso poeta!

MAGOSTO NO CELSO

  Escoitade, escoitade o que vos quero contar hoxe... Os rapaces e rapazas de 3º traballaron un dos poemas do libro "Os soños na gaiola", de Manuel María, concretamente "O ourizo" que temos a vosa disposición na nosa biblioteca.  Proximamente haberá algunha sorpresa relacionada...