Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2022
 Ola amiguiños e amiguiñas! Que ben o pasamos na festa do Nadal! Ata os Reis Magos visitáronos na nosa biblioteca... E menudas actuacións que tivemos. Tod@s o fixeron xenial! Deixovos un video para que poidades velo todo. Clicade na imaxe.  Ata pronto!

Contos de Nadal

 Ola amiguiños e amiguiñas: Quero contarvos que os días antes das vacacións de Nadal fixemos na nosa biblioteca uns obradoiros para escribir contos. Tratábase de elaborar os nosos contos a través do xogo cun dado. Tiraban o dado e decidía que protagonista, obxecto e lugar debia aparecer no conto.  Ensínovos algunhas das fotos que sacamos para que vexades como gozaron moit@s compañeir@s. Animáronse un montón! Mirade, mirade...

MOCHILAS VIAXEIRAS

  Ola amiguiños e amiguiñas: Xa estou aquí de novo para informarvos de que, moi axiña, as mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina con todos os rapaces e rapazas do Celso.  Este ano estrenamos mochilas viaxeiras, e todo o que levan dentro é fantástico, xa o veredes. Poderedes gozar das lecturas, non so de historias, cómics ou poemas, tamén descubriredes feitos sorprendentes da ciencia e da historia, poderedes cantar e bailar con algunhas delas e,... xogar en familia! O equipo da biblioteca desexa que vos gusten moito, disfrutedes e as compartades coa familia. Xa nos contaredes. Estamos ansiosos por ler todos os cadernos das mochilas.  Ata pronto!

LECTURAS DE NADAL

   Ola amiguiños e amiguiñas! Xa temos preparadas as lecturas de Nadal. Esperamos que vos gusten moito, hai historias incríbles nelas.  Lembrade pedilos polo nadal! Ata outra amiguiños e amiguiñas!

OBRADOIROS 25N

  Ola amiguiños e amiguiñas: Seguimos cos obradoiros do 25N. O xoves os rapaces e rapazas tiveron que descifrar un código segredo, unha mensaxe relacionada con este día tan significativo.  Ensínovos o ben que traballaron e conseguiron averiguar a mensaxe.  O venres tamén estiveron noutro obradoiro do 25N.  Ensínovos o que fixeron.  Uns artistas! e como cantan!... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

MIGALLAS

  Ola amiguiños e amiguiñas Queríavos contar que hoxe nos visitaron MIGALLAS! O alumnado de 1º a 4º de educ. primaria, puideron disfrutar dunha estupenda actuación.  Deleitáronnos co seu espectáculo de "Brincadeiras da lingua", onde nos ensinaron unha chea de ditos, refráns, cantigas,... da nosa lingua, desas que os que máis coñecen son os nosos avós, e non queren que as esquezamos.  Ensínovos algunhas delas... Pasáronno moi ben! Ata outra amiguiños e amiguiñas!

Obradoiros 25N

  Ola amiguiños e amiguiñas Xa estou aquí de novo. Queríavos contar que hoxe comezamos uns obradoiros para traballar a conmemoración do 25 N, día mundial da eliminación da violencia contra as mulleres.  A mestra Coloma foi a encargada de estar hoxe cos rapaces/zas. Estiveron falando sobre o tema, e para elo, a mestra mostroulles unha serie de carteis publicitarios, de non fai tanto tempo. Serviron para que coñecesen a situación da muller fai uns anos, e que, aínda que moitas cousas cambiaron, queda aínda por facer... Velaquí están. Interesoulles moito e houbo unha gran afluecia.  Ata a próxima!

O ourizo

  Ola amiguiños/as Xa estou aquí de novo. Xa vos dixen que voltaría pronto cunha sorpresa e aquí está. Algúns rapaces/zas de 3º, aprenderon o poema que traballaron na aula, "O Ourizo" de Manuel María, queredes velos? Velaquí están! Por orde de aparición: Lía, Dani, Xoel, Xulia, Dafne, Mario, Alma, Lúa e Ainhara. Noraboa a todos por recitar tan ben a este marabilloso poeta!

MAGOSTO NO CELSO

  Escoitade, escoitade o que vos quero contar hoxe... Os rapaces e rapazas de 3º traballaron un dos poemas do libro "Os soños na gaiola", de Manuel María, concretamente "O ourizo" que temos a vosa disposición na nosa biblioteca.  Proximamente haberá algunha sorpresa relacionada...

SAMAÍN NA NOSA BIBLIO

Ola amiguiños/as:  Celebramos o noso Samaín! Que medo pasamos! Había un montón de personaxes terroríficos polas aulas..., un ataúde e cabazas horripilantes na nosa entrada, unha lenda recreada no salón de actos, un xogo de pistas sobre o Samaín nos corredores, fantásticas sesións nos recreos da biblio, tamén un tragamedos e, por último, o noso conxuro de Samaín! Estade moi atentos e mirade, mirade... A nosa biblioteca           A nosa entrada terrorífica... Lenda Xogo de pistas polos corredores Nas sesións do recreo o alumnado puido ver: "Carabuñas", "La llorona" y "This way up". O venres tivemos unha sesión moi especial. Visitade o seguinte enlace para velo.... O noso tragamedos Espero que vos gustase! Pronto teredes noticias miñas.  Ata outra amiguiños/as!  

CONTOS TERRÓRIFICOS por Samaín

Ola amiguiños e amiguiñas! Un curso máis xa estou de volta. Con motivo da celebración do Samaín, esta semana ides poder desfrutar de Contos Terroríficos durante o recreo na vosa bibioteca MORAIMA. Coidado ao entrar! Hai novidades espeluznantes! Espero que vos guste moito!

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

  Ola amiguiños e amiguiñas: Estou aquí de novo, pero xa sabedes que falta moi pouquiño para que remate o curso. Por un lado estou moi ledo, pero por outro... botareivos moito de menos! Non vos preocupedes, para o próximo curso prepararemos moitas novidades que vos encantarán, xa veredes... Aquí vos deixo unhas recomendacións de lecturas para o verán, espero que vos gusten e gocedes con elas. E lembrade...

VISTA DE ANDREA MACEIRAS

  Ola amiguiños/as: Xa estou aquí de novo para contarvos a visita dunha extraordinaria autora: Andrea Maceiras. Os rapaces de 5º gozaron coas súas palabras, e comentaron a lectura do libro "A folla azul". Mirade, mirade o video que os preparei...

ANIMADORA: SABELA GAGO

Ola amiguiños/as: Sabedes quen nos visitou hoxe? Seguro que os rapaces/as de 1º e 3º si o saben... Sabela Gago! Grazas a ela os nenos/as puideron pasalo estupendamente. Encántalles que veña esta animadora. Fainos rir, pensar, interactuar,... e tendo como principal obxectivo fomentar o gusto pola lectura. Móstrovos algunhas fotiños da visita...

ANDAINA LECTORA

  Ola amiguiños/as: Queríavos comentar o que fixeron hoxe os nosos compañeiros/as de 5º, unha andaina lectora! Fixeron unha ruta a pé, foron ata Bouzas, e alí, ademáis de practicar un montón de actividades físicas con xogos, sentáronse tranquilamente e puxéronse a ler. Seguro que o pasaron xenial! E unha fantástica iniciativa que deberíamos practicar todos/as. Pensareino para o próximo curso.  Déixovos algunhas das fotos que me enviaron. 

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños/as: Xa estou aquí de novo para contarvos un montón de novidades! Veredes, esta semana celebramos o Día das Letras Galegas e fixemos actividades relacionadas co autor, e tamén co noso proxecto de centro. Exposición de poesías de Florencio Delgado. Os muros do noso centro están cheos de barcos e faros colgados. Podes achegarte e deleitarte con versos do poeta homenaxeado este ano.  Non fai falla que vos diga por que escollimos esas formas non? Lémbrade, polo noso proxecto de centro: Ecofaros . Clica na imaxe e verás a todos/as os rapaces/zas posando coas súas creacións. Que ledicia! Florencio Delgado: Podcast Os rapaces/as de 6º B agasalláronnos cun programa de radio Celio moi especial, lembrando a este marabilloso autor. Escoitade, escoitade, é moi interesante... (Clica na imaxe). Exposición faros Por fin chegou o día! Tiña moitas ganas de ver as vosas maquetas dos faros, e certamente valeu a pena. Son marabillosas!  Quedei abraiado do moito que participáchedes e traballá