Ir al contenido principal

DÍA DE SAMAÍN 2020


A biblioteca Moraima como certame anual desenvolve o concurso de CÓMIC, este curso co tema “Medo no horto”, con espantallos terroríficos, leitugas pantasmas, etc… para que o alumnado se exprese con linguaxe escrito e plástico. Aportaremos a plantilla.

O alumnado participará desde 3º nivel, publicarase no blog unha escolma e gardaranse na biblioteca todos eles en formato de libro.

Outra actividade da biblioteca será repartir novo fondo de libros en galego “12 contos de medo”, por todas as aulas, da editorial Kalandraka. Todos eles se atopan na web como audiolibros ou animacións en www.kalandraka.tv


Cómic de medo





















...e os libros da editorial kalandraka:





Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DE CÓMICS

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano.  Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións.  Os gañadores anunciaranse o día do festival.  Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo.  Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!