Ir al contenido principal

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2020


Este ano celebraremos o Día da biblioteca escolar, o día 26 de outubro, o cuarto luns do mes. A biblioteca programou vídeos de trabalinguas que serán gravados nas diferentes clases de 1º, 2º e 3º e poesías nas aulas de 4º,5º e 6º tanto en galego como en castelán. Estes trabalinguas ou poesías,  poden ser tradicionais ou inventados polos alumnos. Despois serán enviados ao novo correo da biblioteca: bibliotecamoraima@cepcef.es para publicar no blog.

Gallego:

Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia.

Castelán:

Debajo de una barrica de vino tinto hay una gallina moteada; cuando la barrica de vino tinto gotea, la gallina moteada cacarea.



Poesía de 6º B







Rap biblioteca de 2ºB

Trabalínguas de 3ºB





Refraneiro de 1ºA

Refraneiro de 2ºA

Mural de 3ºA

Refráns de 4ºB

Mural de 5ºA



Audios:






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: