Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

DÍA DE SAMAÍN 2020

A biblioteca Moraima como certame anual desenvolve o concurso de CÓMIC, este curso co tema “Medo no horto”, con espantallos terroríficos, leitugas pantasmas, etc… para que o alumnado se exprese con linguaxe escrito e plástico. Aportaremos a plantilla. O alumnado participará desde 3º nivel, publicarase no blog unha escolma e gardaranse na biblioteca todos eles en formato de libro. Outra actividade da biblioteca será repartir novo fondo de libros en galego “12 contos de medo”, por todas as aulas, da editorial Kalandraka. Todos eles se atopan na web como audiolibros ou animacións en www.kalandraka.tv Cómic de medo ...e os libros da editorial kalandraka :

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2020

Este ano celebraremos o Día da biblioteca escolar, o día 26 de outubro, o cuarto luns do mes. A biblioteca programou vídeos de trabalinguas que serán gravados nas diferentes clases de 1º, 2º e 3º e poesías nas aulas de 4º,5º e 6º tanto en galego como en castelán. Estes trabalinguas ou poesías,   poden ser tradicionais ou inventados polos alumnos. Despois serán enviados ao novo correo da biblioteca: bibliotecamoraima@cepcef.es para publicar no blog. Gallego: Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia. Castelán: Debajo de una barrica de vino tinto hay una gallina moteada; cuando la barrica de vino tinto gotea, la gallina moteada cacarea. Poesía de 6º B Rap biblioteca de 2ºB Trabalínguas e Poemas de 3ºA Trabalínguas de 3ºB Poesía Rosalía de Castro de 4ºA Poesía rapera de 4ºB Refraneiro de 1ºA Refraneiro de 2ºA Mural de 3ºA Refráns de 4ºB Mural de 5ºA Audios: 1ºA: Tres tristes tigres Pongo poco pan Pasei polo río Pablito Lori vilori 16 refrá

A LECTURA EN GALICIA LEE

Este curso  desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, recomendamos que empreguedes   “ GaliciaLe”    da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Os usuarios da nosa biblioteca poden acceder facéndose socios dunha biblioteca pública e acceder aos contidos dende calquera dispositivo multimedia. Tamén na web  “El libro total”  hai lecturas abertas de libros para todas as idades en castelán.  El Libro Total, unha biblioteca en streaming con máis de 50.000 libros e audiolibros gratis. O Libro Total é unha biblioteca en streaming especializada en obras clásicas en dominio público e obras contemporáneas autorizadas para a difusión sen fins de lucro. Ten máis de 50.000 títulos, entre os que destaca unha gran cantidade de libros infantís, contos, autores clásicos, novelas, poesía, teatro, audiolibros… Imos, unha infinidade de xéneros e temáticas para todos os gustos e públicos. A biblioteca especialízase en obras clásicas libres de dereitos de autor, isto permite que sexa comple

NORMAS DO USO DA BIBLIOTECA MORAIMA

 Este curso iniciamos o funcionamento da biblioteca con normas do protocolo ANTICOVID, para uso da biblioteca. - Lavar as mans (presenza de dispensadores de solución hidroalchólica, baixo supervisión). - Usar a protección facial estipulada (máscara/pantalla). - Manter a distancia de seguridade. - Solicitar os materiais por medio de bibliocaixas aos titores e outras bibliocaixas temáticas da biblioteca. -Manipular só os recursos necasarios (evitarase o uso compartido de materiais).   - Utilizar os postos habilitados (desinfección do espazo utilizado por parte do usuario). - Seguir os circuitos de circulación establecidos. - Devolver os préstamos na caixa habilitada (na que deben permanecer un prazo de catro horas como mínimo de corentena). - Devolver as mochilas viaxeiras no espazo indicado. - Respectar o aforo máximo indicado.