Ir al contenido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Este 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, e este ano rendemos
homenaxe ao eminente filólogo Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso. É o responsable da primeira gramática do galego elaborada cunha base científica sólida e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas. Un auténtico pioneiro e un incansable defensor (e tamén construtor) da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país. A Ricardo Carvalho Calero dedícaselle o Día das Letras Galegas 2020.
 Recomendamos desde a biblioteca Moraima o libro de CAJARAVILLE,HECTOR,  de EDICIONS XERAIS DE GALICIA, “ RICARDO CARVALHO CALERO - O ANXO DA TERRA”. Neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria,
lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas . Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos , a guerra o presidio.....
Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro, así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.
Para aprender máis sobre o autor, deixámosche as seguintes ligazóns:

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DE CÓMICS

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano.  Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións.  Os gañadores anunciaranse o día do festival.  Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo.  Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!