Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

LECTURAS RECOMENDADAS DE NADAL

  Animación Lectora curso 2020-21 Benqueridas   familias: Aproveitando que chega o Nadal , o equipo de biblioteca, precisamos a vosa implicación para promover o hábito lector. Por iso, pedímosvos que nas cartas aos Reis Magos, deixedes un   oco para pedir un libro de lectura .   Cada grupo deberá traer o libro despois do Nadal, para   desenvolver tarefas no segundo e terceiro trimestre. Os libros que deberán traer os alumnos de cada grupo son os seguintes: 1ºA y B : Dinosaurios al ataque . Ana Alonso. E. Anaya. 2ºA y B: A formiga destemida . María Reimóndez. E. Xerais. 3ºA y B : O pirata Ataripo . Paco Barreiro. E. Oqueleo. 4ºA y B: Formigas. Misión Camiño de Santiago . P. Tabaruela. E. Xerais. 5ºA y B: Conta nove estrelas . Andrea Maceiras. E. Xerais. 6ºA y B: Vampira de biblioteca . Ledicia Costas. E. Xerais.

DÍA DA DISCAPACIDADE

  3 DE DICIEMBRE (PDF)

ADEUS Á VIOLENCIA DE XÉNERO

  O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No cole este ano quixemos darlle voz a nosa Rosalía de Castro cun poema adaptado e interpretado polo alumnado de 2º A.  

MES DA CIENCIA EN GALEGO

A biblioteca Moraima programou a divulgación a través do blog da biblioteca, a información a través de vídeos, relativos á actual pandemia, á alimentación saudable e ás plantas medicinais. Tamén en coordinación co equipo de Dinamización da Lingua Galega, apoiaremos a investigación por tutorías sobre “O castiñeiro e o magosto”, para publicar no blog posteriormente a colaboración de todos. Como protexer ás nenas e nenos... Lavado de mans correcto Almorzo saudable Lista plantas medicinales Your browser does not support the video tag. Homenaxe ao investigador Ernesto Viéitez.

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL GALEGA

  A primeira semana do mes de novembro celébrase o enorme legado oral de Galicia. Este ano a biblioteca Moraima, programou unha escolma de refráns sobre temas relacionados co horto, para afondar no proxecto anual do centro PDI “O horto”. Coa selección feita en cada clase farase un mural; esta imaxe do mural, publicarase no blog da biblioteca.  

ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS 2020-21

  Este ano   comezamos a entrega de mochilas viaxeiras con todas as garantías sanitarias antiCovid19. Os titores deixarán dous días as mochilas en corentena, así desenvolverase a actividade un ano máis. Todos a ler moito!!

DÍA DE SAMAÍN 2020

A biblioteca Moraima como certame anual desenvolve o concurso de CÓMIC, este curso co tema “Medo no horto”, con espantallos terroríficos, leitugas pantasmas, etc… para que o alumnado se exprese con linguaxe escrito e plástico. Aportaremos a plantilla. O alumnado participará desde 3º nivel, publicarase no blog unha escolma e gardaranse na biblioteca todos eles en formato de libro. Outra actividade da biblioteca será repartir novo fondo de libros en galego “12 contos de medo”, por todas as aulas, da editorial Kalandraka. Todos eles se atopan na web como audiolibros ou animacións en www.kalandraka.tv Cómic de medo ...e os libros da editorial kalandraka :

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2020

Este ano celebraremos o Día da biblioteca escolar, o día 26 de outubro, o cuarto luns do mes. A biblioteca programou vídeos de trabalinguas que serán gravados nas diferentes clases de 1º, 2º e 3º e poesías nas aulas de 4º,5º e 6º tanto en galego como en castelán. Estes trabalinguas ou poesías,   poden ser tradicionais ou inventados polos alumnos. Despois serán enviados ao novo correo da biblioteca: bibliotecamoraima@cepcef.es para publicar no blog. Gallego: Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pia. Castelán: Debajo de una barrica de vino tinto hay una gallina moteada; cuando la barrica de vino tinto gotea, la gallina moteada cacarea. Poesía de 6º B Rap biblioteca de 2ºB Trabalínguas e Poemas de 3ºA Trabalínguas de 3ºB Poesía Rosalía de Castro de 4ºA Poesía rapera de 4ºB Refraneiro de 1ºA Refraneiro de 2ºA Mural de 3ºA Refráns de 4ºB Mural de 5ºA Audios: 1ºA: Tres tristes tigres Pongo poco pan Pasei polo río Pablito Lori vilori 16 refrá

A LECTURA EN GALICIA LEE

Este curso  desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, recomendamos que empreguedes   “ GaliciaLe”    da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Os usuarios da nosa biblioteca poden acceder facéndose socios dunha biblioteca pública e acceder aos contidos dende calquera dispositivo multimedia. Tamén na web  “El libro total”  hai lecturas abertas de libros para todas as idades en castelán.  El Libro Total, unha biblioteca en streaming con máis de 50.000 libros e audiolibros gratis. O Libro Total é unha biblioteca en streaming especializada en obras clásicas en dominio público e obras contemporáneas autorizadas para a difusión sen fins de lucro. Ten máis de 50.000 títulos, entre os que destaca unha gran cantidade de libros infantís, contos, autores clásicos, novelas, poesía, teatro, audiolibros… Imos, unha infinidade de xéneros e temáticas para todos os gustos e públicos. A biblioteca especialízase en obras clásicas libres de dereitos de autor, isto permite que sexa comple

NORMAS DO USO DA BIBLIOTECA MORAIMA

 Este curso iniciamos o funcionamento da biblioteca con normas do protocolo ANTICOVID, para uso da biblioteca. - Lavar as mans (presenza de dispensadores de solución hidroalchólica, baixo supervisión). - Usar a protección facial estipulada (máscara/pantalla). - Manter a distancia de seguridade. - Solicitar os materiais por medio de bibliocaixas aos titores e outras bibliocaixas temáticas da biblioteca. -Manipular só os recursos necasarios (evitarase o uso compartido de materiais).   - Utilizar os postos habilitados (desinfección do espazo utilizado por parte do usuario). - Seguir os circuitos de circulación establecidos. - Devolver os préstamos na caixa habilitada (na que deben permanecer un prazo de catro horas como mínimo de corentena). - Devolver as mochilas viaxeiras no espazo indicado. - Respectar o aforo máximo indicado.

DESPEDIDA DA BIBLIOTECA MORAIMA

Remata o curso coa esperanza de vernos pronto. Estivemos unidos grazas o teletraballo e ás emocións. Agradecemos o traballo do equipo de axudantes da biblioteca e a comunidade educativa en xeral, o esforzo desenvolvido neste período de estado de alarma tan duro para todos . A mascota do colexio, quere que durante as vacacións de verán, adiquedes un tempo diario a lectura. Felices vacacións de verán, benqueridos   lectores !!

J.K. Rowling publica un conto de hadas que se pode leer gratis en Internet desde hoxe martes 26 de maio de 2020.

Enlace da lectura en inglés https://www.theickabog.com/home/   J. K. Rowling fixose famosa grazas á saga de Harry Potter.| REUTERS A escritora británica  J.K. Rowling   anunciou este martes  o lanzamento de  The Ickabog , un novo libro para nenos que publicará gratuitamente a través de  Internet . O anuncio colleu por sorpresa aos seguidores da autora, que, por primeira vez, firma unha historia infantil, en concreto un conto de hadas, que  non está relacionado coa saga de  Harry Potter . Rowling creou The Ickabog fai máis dunha década, agora   reescribeo para poñeo a disposición do público durante a pandemia.  Os capítulos   publicaronse este martes e o farán diariamente a las 15.00 hora española hasta el 10 de jullo  na página web www.theickabog.com , que xa conta coas dúas primeiras entregas.     As ilustracións do conto irán a cargo dos nenos , aos que animou a enviarlle seus debuxos a través de la etiqueta #TheIckabog, de forma que, si son el