Programouse desde os distintos equipos do colexio, e a ANPA do colexio, a actividade estrela "A feira de animais dómesticos". Cada aula era encargada da colaboración nos distintos postos da feira: xogos , obradoiros, música, exposición de ferramentos, mostra de animais en vivo,... A biblioteca tivo un posto especial "Intercambio de libros".Consistiu en aportar libros dos propios alumnos, que ese día podían cambiar por outros distintos.
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario