Celebramos a semana das Letras Galegas, coa programación do Festival das Letras Galegas, con actuacións musicais e teatrais. Destacando a colaboración da biblioteca na dramatización do libro "A galiña azul" de Carlos Casares, a cargo dos alumnos de cuarto e quinto nivel. Outra actividade foi durante o mes de maio rotar unha mochila viaxeira de Carlos Casares, con libros do autor adaptados a primaria. Houbo tamén visualización de películas de animación, con temática de animais da granxa, como reforzo ao PDI "Celio granxeiro", como Spirit, Heidi, Litlle chicken, O patiño feo,...
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario