Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2011

Samaín

       En outros lugares do mundo nestes momentos están celebrando o Halloween , pero temos que dicir que aquí, en Galicia, temos unha festa propia, o SAMAÍN. O Samain é unha celebración de orixe celta. Na noite do 31 de outubro celébrase a chegada do Ano Novo celta, que marcaba o fin do verán e a chegada do inverno. Nesta noite tan especial e terrorífica os celtas crían que a ventá que separaba o mundo dos vivos do dos mortos se abría, e estes atravesaban a porta das casas e visitabas ás familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para mantelos contentos (os espíritos) deixábanlle doces e comida nas portas das casas. Así que xa sabedes, temos unha festividade propia TERRORÍFICA E ESPECTACULAR. O SAMAIN. Historia do Samaín Ver todas Consigue el tuyo

biblio primaria

Google Art Project: Visita a golpe de click os mellores museos do mundo.

Google lanzou á rede un percorrido virtual por 17 das mellores salas de arte do mundo que permite contemplar máis dun milleiro de obras. A iniciativa chámase Art Project e inclúe a dixitalización en alta definición das pinturas máis significativas dos museos seleccionados. Art Project permite aos usuarios de internet visitar por dentro determinadas salas das pinacotecas, cada unha das cales elixiu un cadro da súa colección para ser exposto na rede cunha resolución única. The Metropolitan Museum of Art, o Hermitage, o palacio de Versalles, o Rijksmuseum, a Tate Britain, a Raíña Sofía e o Thyssen están entre as institucións que colaboraron con este proxecto, que facilita tamén facer un percorrido virtual polas galerías dos museos grazas á tecnoloxía 'street-view'. Obras como "Noite estrelada" de Van Gogh, do MoMA de Nova York; "A botella de anís do mono" de Juan Gris, da Raíña Sofía de Madrid; "A aparición do Mesias" de Alexander Ivanov, da Gal