En outros lugares do mundo nestes momentos están celebrando o Halloween , pero temos que dicir que aquí, en Galicia, temos unha festa propia, o SAMAÍN. O Samain é unha celebración de orixe celta. Na noite do 31 de outubro celébrase a chegada do Ano Novo celta, que marcaba o fin do verán e a chegada do inverno. Nesta noite tan especial e terrorífica os celtas crían que a ventá que separaba o mundo dos vivos do dos mortos se abría, e estes atravesaban a porta das casas e visitabas ás familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para mantelos contentos (os espíritos) deixábanlle doces e comida nas portas das casas. Así que xa sabedes, temos unha festividade propia TERRORÍFICA E ESPECTACULAR. O SAMAIN.
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario