Ir al contenido principal

Google Art Project: Visita a golpe de click os mellores museos do mundo.

Google lanzou á rede un percorrido virtual por 17 das mellores salas de arte do mundo que permite contemplar máis dun milleiro de obras. A iniciativa chámase Art Project e inclúe a dixitalización en alta definición das pinturas máis significativas dos museos seleccionados.

Art Project permite aos usuarios de internet visitar por dentro determinadas salas das pinacotecas, cada unha das cales elixiu un cadro da súa colección para ser exposto na rede cunha resolución única.

The Metropolitan Museum of Art, o Hermitage, o palacio de Versalles, o Rijksmuseum, a Tate Britain, a Raíña Sofía e o Thyssen están entre as institucións que colaboraron con este proxecto, que facilita tamén facer un percorrido virtual polas galerías dos museos grazas á tecnoloxía 'street-view'.

Obras como "Noite estrelada" de Van Gogh, do MoMA de Nova York; "A botella de anís do mono" de Juan Gris, da Raíña Sofía de Madrid; "A aparición do Mesias" de Alexander Ivanov, da Galería Tretiakov de Moscova; ou "O nacemento de Venus" de Sandro Botticelli da Galleria degli Uffizi, pódense ver cun detalle minucioso.

Preme no link http://www.googleartproject.com/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: