Ir al contenido principal

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Queríavos contar que hoxe celebramos o día da nosa marabillosa escritora Rosalía de Castro. 

Que fixemos?

Pois para empezar, un gran collage con anacos, versos das súas diferentes obras, entre todos os rapaces e rapazas do centro. Mirade, mirade que fermosura...


Aproveitando tamén o noso tema do centro "Vivamos coma galegos/as", viñeron a darnos un obradoiro de pandeiretas da asociación "Lumieiras". Foi estupendo. Os rapaces e rapazas o pasaron moi ben, e aprenderon moitas cousiñas, tamén comezaron a dar os seus primeiros "pandereitazos".

As clases de 3º traballaron na aula a figura de Rosalía de Castro a partir dun pequeno minilibro. Móstrovos algunhas fotiños.




Ata outra amiguiños e amiguiñas!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: